Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27862

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

DISPÓN:

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1, código de procedemento PR461D.

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto do proceso é cubrir vinte e dúas (22) prazas dos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1.

1.2. O número, denominación e características das prazas que se convocan a este proceso especifícanse no anexo II desta orde.

1.3. Este proceso rexerase polo establecido nestas bases e, para o non previsto, observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, que a desenvolve; na Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integracións dos vixilantes e auxiliares de policía local ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

1.4. O código do procedemento regulado nesta orde é PR461D.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal funcionario os seguintes requisitos:

a) Encontrarse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

b) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía.

c) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

d) Non encontrarse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

e) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

3. Solicitudes.

3.1. Forma e prazo de presentación no proceso (PR461D).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, que figura como anexo I a esta convocatoria.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación no proceso vincularán as persoas solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento ata os dez días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

No suposto de estaren interesados en varias prazas ofertadas no anexo II desta orde, deberanas solicitar por orde de preferencia.

3.2. Taxas.

3.2.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso deberase aboar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereitos de inscrición, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

Para o pagamento da taxa deberase actuar da seguinte maneira:

– Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

– Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderá realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

– Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na solicitude, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase achegar coa solicitude de participación no proceso o xustificante selado pola entidade bancaria.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Servizos Centrais. Código 13.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa. Denominación: Inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos de policía local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente, de ser o caso, determinará a exclusión no proceso da persoa aspirante e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

3.2.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

3.2.2.1. Estarán exentas do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

– Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

3.2.2.2. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

– A persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– Ás vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que conviva con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación que figura nas alíneas b), c) ou d) do punto 3.3.1 desta orde.

3.3. Documentación complementaria.

3.3.1. As persoas interesadas no proceso, código do procedemento PR461D, deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04).

b) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

c) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

d) Resolución administrativa pola cal se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo III.

f) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberase presentar na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos.

g) Certificado acreditativo de ter, en propiedade, a categoría de policía nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia, de estar en servizo activo na dita categoría, de contar cunha antigüidade mínima de tres anos nesa categoría, de levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino e de non encontrarse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3.3.2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.3.3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3.4. Comprobación de datos.

Para a tramitación do proceso, código do procedemento PR461D, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Títulos oficiais universitarios.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

3.5. Notificacións.

3.5.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.5.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3.5.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

3.5.4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

3.5.5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.6. Publicación dos actos.

3.6.1. Publicaranse no DOG, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

– Relación provisional de persoas admitidas e non admitidas.

– Relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas.

3.6.2. Na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) (https://agasp.xunta.gal/es) publicaranse, ademais, as resolucións do proceso, a relación de persoas aprobadas e demais comunicacións deste proceso.

3.7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral da Agasp publicará no DOG e na páxina web da Agasp a resolución pola que se declaren con carácter provisional as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión. No caso de non existiren persoas excluídas, ou que as persoas excluídas o estean por motivos non emendables, a listaxe será considerada definitiva.

4.2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.

4.3. Non se poderán emendar a presentación de solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto nin o impagamento da taxa establecida. As estimacións ou desestimacións das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral da Agasp pola cal se aprobe a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no DOG e na páxina web da Agasp.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso. Cando, da documentación que deben presentar tras superar o proceso, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

5. Desenvolvemento do proceso.

5.1. O proceso efectuarase polo sistema de concurso, de conformidade co baremo de méritos que se recolle no anexo III desta convocatoria e no anexo III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, que non terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración, por parte do tribunal, dos méritos que concorran nas persoas aspirantes. Soamente se terán en conta os documentos acreditativos que aquelas presentasen ata o peche do prazo de presentación de solicitudes, sen que se poidan presentar méritos en período de alegacións. Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente acreditados en todos os seus aspectos no momento da finalización do prazo de presentación de instancias.

O tribunal procederá á baremación dos méritos e publicaraa na páxina web da Agasp, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións, ante o propio tribunal, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da baremación.

En relación coa aplicación dos baremos, débense ter en conta as seguintes normas:

– Titulacións académicas: non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, salvo que se posúa máis dunha. Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

– Para os efectos de equivalencia de titulación, só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, e deberase achegarse a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición en que se estableza esta e, de ser o caso, o BOE en que se publicou. Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

– Formación e docencia: non se terán en conta para os efectos de valoración:

• Os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguridade.

• Os cursos repetidos, salvo que transcorrese un período superior a cinco (5) anos desde a finalización do primeiro curso.

• Os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe A.1 do anexo III da Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, nin a superación de materias destes.

– En relación coa docencia, tanto como docente da Agasp como fóra do dito ámbito, só serán avaliadas aquelas participacións en accións formativas que sexan de manifesto interese policial, dirixidas, en particular, aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade, desenvolvidas nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua. O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, salvo que transcorrese un período superior a cinco (5) anos desde a súa realización.

Á vista das reclamacións que se presenten, e no caso de seren estimadas, realizaranse as oportunas correccións na baremación e procederase á publicación definitiva na páxina web da Agasp.

A orde de prelación das persoas aspirantes que serán propostas para a adxudicación das prazas convocadas efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso. O número de persoas propostas non poderá ser superior ao de prazas convocadas no proceso.

A baremación definitiva das persoas aspirantes será publicada na páxina web da Agasp.

5.2. Desempate no proceso.

De conformidade co establecido no artigo 34 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, de se producir empate nas puntuacións finais obtidas por dúas ou máis persoas aspirantes, aplicaranse os seguintes criterios de prelación ata se producir o desempate:

a) Preferencia á muller, mentres se manteña a infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos expresados polo artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

b) Maior antigüidade na categoría e, de persistir o empate e resultar posible, na categoría inmediata inferior, e así de xeito sucesivo.

c) Primarase a puntuación máis alta referida aos méritos na epígrafe de formación profesional.

d) Primarase a posesión de titulación académica de máis nivel.

No caso de persistir o empate despois da aplicación dos criterios anteriores, realizarase un sorteo entre as persoas aspirantes.

6. Tribunal.

6.1. O nomeamento do tribunal correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, e estará composto por cinco persoas titulares e cinco persoas suplentes (presidente/a, tres vogais e secretario/a) pertencentes a un corpo, escala ou categoría profesional en que se requira para o seu ingreso a titulación de bacharelato, técnico ou superior, e a súa composición será paritaria segundo o establecido no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias da Agasp, correspóndenlle ao tribunal as funcións relativas á cualificación das persoas aspirantes, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso e resolución de incidencias.

6.2. Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas mediante Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

A persoa titular da Presidencia deberalles solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non se encontraren incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

6.3. A persoa titular do órgano que nomee o tribunal publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

6.4. A sesión de constitución deberase realizar nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia de, polo menos, tres dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas titulares da Presidencia e da Secretaría.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactarse a acta correspondente, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

6.5. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases; na Lei 40/2015, do 1 de outubro; nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e no resto do ordenamento xurídico.

6.6. O tribunal poderá propor a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, que se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz, pero non voto.

6.7. En ningún caso poderá o tribunal propor a adxudicación de prazas a un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de adxudicación de prazas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6.8. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral da Agasp, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Proposta de adxudicación de prazas no concello correspondente.

7.1. Ás persoas con puntuacións máis altas, en número igual ao de prazas convocadas neste proceso, adxudicaránselles as prazas ofertadas.

O tribunal remitirá á Agasp a proposta de adxudicación de praza nos correspondentes concellos segundo o resultado do concurso de méritos xunto con igual número de reservas, de xeito que cada persoa aspirante só pode estar proposta para a adxudicación dunha das prazas convocadas no proceso, de conformidade coa súa puntuación e coa orde de preferencia indicada na solicitude de participación no proceso.

7.2. A Agasp notificaralles esta proposta aos concellos interesados no prazo de cinco (5) días desde a súa publicación para que eleven a definitiva tal proposta e se proceda á adxudicación das prazas.

De conformidade co artigo 43.6 da Lei 4/2007, do 20 de abril, e co artigo 41 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, os destinos adxudicados son irrenunciables, excepto que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública. Nese caso, a persoa adxudicataria poderá optar e comunicar a opción elixida.

Unha vez comunicada esta circunstancia á Agasp da praza a que renuncia, poderá tomar posesión da outra praza obtida en paralelo noutra convocatoria pública.

O tribunal realizará neste suposto unha segunda e, de ser o caso, sucesivas propostas, en favor da persoa candidata que obtivese a seguinte mellor cualificación no concurso. Esta previsión sería aplicable tamén no caso de que a persoa candidata proposta non reúna os requisitos de participación, unha vez que sexan comprobados.

8. Procedementos penais ou administrativos pendentes.

Cando as persoas que participan no proceso teñan aberto, ou se lles abra con posterioridade, un procedemento penal ou administrativo que poida rematar cunha condena por delito doloso, coa separación do servizo das administracións públicas ou a inhabilitación para o exercicio das funcións públicas, a admisión ao proceso, a permanencia nel, así como o seu acceso no corpo de policía local quedará condicionado ao feito de que nos citados procedementos non se produza a condena ou separación referida.

O persoal participante, no suposto de encontrarse nas situacións descritas no parágrafo anterior, debe comunicar tal situación, e a Dirección Xeral da Agasp poderá solicitar en calquera momento do proceso unha declaración xurada de non encontrarse nas ditas situacións.

A falsidade ou omisión de datos nesta declaración xurada dará lugar ás responsabilidades que se establezan no Regulamento de réxime interior da Agasp en relación co incumprimento das ordes ou disposicións ditadas pola Dirección Xeral da Agasp.

9. Información ás persoas interesadas.

Sobre esta convocatoria poderase obter información adicional na Agasp a través dos seguintes medios:

a) https://sede.xunta.gal/portada

b) Páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal)

c) No enderezo electrónico seleccion.agasp@xunta.gal

d) Nos teléfonos da Agasp 886 20 61 09, 886 20 61 16, 886 20 61 35 e 886 20 61 27.

e) No Servizo de Coordinación, Planificación e Selección (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Disposición adicional única

En virtude do establecido no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acorda delegar a facultade de nomear o tribunal que deberá cualificar este proceso, de ser o caso, de substituír os membros que perderon a súa condición por algunha das causas previstas na base 6.2 desta convocatoria na persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

Igualmente, acórdase delegar na persoa titular da Dirección Xeral da Agasp a resolución dos recursos de alzada que se interpoñan contra os acordos do tribunal nomeado para cualificar este proceso.

Disposición derradeira única

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso e as persoas que participen nel.

2. Así mesmo, cantos actos administrativos produza o tribunal, a autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polas persoas interesadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Relación de prazas convocadas

Concello

Nº de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Grupo

A Coruña

10

Policía local

Básica

Policía

C1

Bergondo

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Betanzos

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Lugo

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Carballo

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Ponteareas

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Vigo

4

Policía local

Básica

Policía

C1

Xinzo de Limia

1

Policía local

Básica

Policía

C1

ANEXO III

Táboa de méritos

Epígrafes

Descrición dos méritos que se van valorar

Valoración parcial (en puntos)

1. Titulacións académicas oficiais

– Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente.

– Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

– Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en Criminoloxía, Ciencias Policiais ou equivalente.

– Bacharelato técnico ou equivalente.

3,00

2,00

1,50

0,50

2. Antigüidade como funcionario de carreira

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, nos corpos de policía local

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de seguridade

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de calquera Administración pública

0,20

0,10

0,05

3. Formación profesional e docencia

Como alumno da Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como alumno noutras actividades alleas á Agasp

– Cursos ou actividades ata 20 horas

– Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas

– Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas

– Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas

– Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas

– Cursos ou actividades de máis de 200 horas

AS

0,015

0,010

0,20

0,35

0,45

0,50

0,75

1,00

AP

0,025

0,020

0,30

0,50

0,65

0,75

1,00

1,30

Como profesor da Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como profesor noutras actividades alleas á Agasp

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,020

0,015

0,015

0,010

4. Distincións e recompensas oficiais

– Placa individual ao mérito da policía local

– Placa colectiva ao mérito da policía local

– Medalla ao mérito da policía local

– Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos

– Distincións do órgano colexiado competente do concello

2,00

1,50

1,00

0,75

0,25

5. Idiomas

Coñecemento de idiomas, distintos do español e do galego, acreditados por certificado de escuela oficial de idiomas (EOI)

A) Ciclos.

– Certificado de superación do ciclo elemental

– Certificado de superación do ciclo superior

B) Niveis.

– Certificado superación nivel básico

– Certificado superación nivel intermedio

– Certificado superación nivel avanzado

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten

1,00

2,00

0,65

1,30

2,00

6. Lingua galega

Coñecemento da lingua galega, segundo acreditación

– Celga 1

– Celga 2

– Celga 3

– Celga 4

– Curso de iniciación

– Curso de perfeccionamento

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten

0,25

0,50

0,75

1,00

0,75

1,00

1,50

2,00