Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28696

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 26 de abril de 2023 pola que que establecen as bases reguladoras das subvencións ás organización profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B).

BDNS (Identif.): 692190.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:

1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade 811 «Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca», de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades e convocalas para o exercicio orzamentario 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organización profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B).

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 130.000 euros.

Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

a) Partida 1, para subvencionar as organizacións profesionais agrarias, dotada co 45 % do crédito.

b) Partida 2, para subvencionar as asociacións agrarias, dotada co 55 % restante do crédito.

A contía das axudas será do 50 % dos custos subvencionables e de ata un límite máximo de 30.000 euros para un beneficiario da partida 1 e de 15.000 euros para un beneficiario da partida 2.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural