Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28710

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2023, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Quenda

exercicio

2º exercicio

exercicio

Concurso

Total

1

***1705**

Lorenzo Espeso, María de las Nieves

Libre

40,00

37,64

Exenta

53

130,64

2

***3570**

Fernández Vázquez, Antonio

Libre

38,33

36,11

Exento

53

127,44

3

***5026**

Eyre Vázquez, María Paz

Libre

38,43

35,14

Exenta

53

126,57

4

***2698**

Pérez Blanco, María Teresa

Libre

36,06

34,86

Exenta

53

123,92

5

***7560**

Pichel Fernández, Francisco Arturo

Libre

23,15

24,86

Exento

53

101,01

6

***5269**

Armesto Mantilla, Carlos

Libre

20,05

24,72

Exento

0

44,77