Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28708

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 26 de abril de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo)

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1.2.1.a)

II.2.1.2.1.b)

II.2.1.2.1 Servizos prestados

II.2.1.2.2 Formación

Total

***4976**

Bacaicoa

Ripa

Silvia María

51,00

 

51,00

2,00

53,00

***4819**

García

Díaz

María

51,00

 

51,00

2,00

53,00

***7242**

Gulías

Sanmartín

Raquel

4,86

 

4,86

2,00

6,86

***4235**

Neira

Fernández

Laura

2,16

 

2,16

2,00

4,16