Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28736

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de marzo de 2023 (DOG núm. 44, do 3 de marzo) aprobáronse e fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e recibida a estimación de diversos recursos, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Base I.1.1

Motivo da inclusión

***8345**

Gómez Rodríguez, Pablo

Si

Estimación recurso administrativo

A persoa anteriormente indicada queda excluída da relación definitiva de aspirantes excluídos do dito proceso selectivo.

Segundo. Incluír na cota específica da base I.1.1 da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Base I.1.1

Motivo da inclusión

***1508**

García Marcote, María Teresa

Si

Estimación recurso administrativo

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública