Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29119

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 24 de marzo), modificada co fin de ampliar o número de prazas pola Resolución do 10 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño) e a Resolución do 30 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 52, do 15 de marzo) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022.

Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e das declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 15 de marzo de 2022, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos