Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29099

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas que se financiarán cun crédito total de 3.000.000 de euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, código de proxecto 2015 00005, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes
para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas

Entidade beneficiaria

Descrición actuación

Importe da subvención

Concello das Nogais

Acondicionamento da Área recreativa A Reboleira e do seu acceso

29.998,99 €

Concello de Cualedro

Mellora da accesibilidade turística ao Castro da Saceda

29.440,00 €

Concello do Incio

Miradoiro do petróglifo da Pena do Chao

29.998,28 €

Concello de Trabada

Embelecemento do acceso á ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena

30.000,00 €

Concello de Carballeda de Valdeorras

Embelecemento no contorno do Camiño de Inverno na zona de dotación do albergue turístico e de rehabilitación da antiga capela de Nosa Señora da Encarnación de Sobradelo

29.912,16 €

Concello do Pereiro de Aguiar

Obras de embelecemento exterior, mellora de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos do futuro centro de recepción de visitantes da Ribeira Sacra-Oficina de Turismo do concello

29.663,52 €

Concello de Parada de Sil

Actuación de recuperación do miradoiro de balcóns de Madrid

29.949,68 €

Concello de Boborás

Humanización da praza do antigo cárcere en Distriz

30.000,00 €

Concello de Carballeda de Avia

Actuación arqueolóxica e de posta en valor da vila romana de Coto dos Mouros

24.994,25 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Acondicionamento do contorno da ábsida do Mosteiro

29.943,85 €

Concello da Baña

Creación dunha área de esparexemento turístico no contorno do río Albariña

29.999,30 €

Concello de Padrón

Iluminación ornamental da Fonte e Ponte do Carme no núcleo de Padrón

29.992,40 €

Concello de Becerreá

Sinalización da rede de micropaisaxes Ancares Terras de Burón

29.619,74 €

Concello de Celanova

Acondicionamento de espazos adxacentes ao casco histórico de Celanova para a humanización da vila

29.935,40 €

Concello de Vilar de Barrio

Conxunto arqueolóxico do Castelo de Bóveda: proxecto de recuperación patrimonial e turístico do Burato dos Mouros

29.819,99 €

Concello da Cañiza

Rede de observatorios nocturnos e miradoiros do Xeodestino Condado Paradanta. Observatorio nocturno e miradoiro interpretativo no Montouto

30.000,00 €

Concello de Mondoñedo

Acondicionamento da praza da catedral para mellora do uso público: obras de accesibilidade, iluminación e retirada de contedores

30.000,00 €

Concello de Cartelle

Adecuación de espazo destinado ao estacionamento de vehículos da praza do Cruceiro en Outomuro

30.000,00 €

Concello de Maside

Proxecto para a continuación do estudo e revitalización do conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside

27.902,60 €

Concello de Laza

Mellora do acceso e aparcadoiro á Praza da Picota, núcleo do entroido de Laza

30.000,00 €

Concello de Dozón

Embelecemento na contorna do Mosteiro de San Pedro de Vilanova

30.000,00 €

Concello de Castro Caldelas

Adecuación e sinalización de ruta de sendeirismo circular Meandros do Sil

29.985,28 €

Concello de Allariz

Adecuación e embelecemento Paseo do Arnado no núcleo histórico de Allariz

29.999,48 €

Concello de Val do Dubra

Recuperación de paseo fluvial na área recreativa de Bembibre

30.000,00 €

Concello de Santiso

Sendeiro peonil na Cornella

30.000,00 €

Concello de Antas Ulla

Embelecemento de vía de acceso ao BIC Fortaleza de Amarante

29.990,00 €

Concello de Larouco

Mellora de infraestruturas turísticas do concello de Larouco

29.652,26 €

Concello de Ribas de Sil

Sinalización de recursos turísticos en Ribas de Sil

30.000,00 €

Concello de Portomarín

Acondicionamento de edificación e terreo para cortes de cabalos para peregrinos

29.996,54 €

Concello de Vilaboa

Restauración e conservación de elementos singulares de cara ao seu aproveitamento turístico

28.713,30 €

Concello de Ribeira de Piquín

Sinalización da rede de micropaisaxes Ancares Terras de Burón

29.619,74 €

Concello de San Sadurniño

Restauración do muro dos xardíns municipais no Pazo da Marquesa

17.796,71 €

Concello de Oímbra

Intervención no Forno de Espiño

29.774,01 €

Concello de Dumbría

Actuacións de mellora da accesibilidade e tratamento paisaxístico na contorna da fervenza do Ézaro

30.000,00 €

Concello de Rubiá

Escavación e reposición dun pequeno treito da Vía Nova no lugar da Ruferta

20.092,00 €

Concello de Alfoz

Melloras no contorno do Castelo de Castrodouro

25.993,78 €

Concello de Taboadela

Rehabilitación e humanización da praza do núcleo rural de Outeiro

30.000,00 €

Concello de Bande

Adecuación do espazo destinado ao estacionamento de autocaravanas existente na contorna do acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

30.000,00 €

Concello de Pazos de Borbén

Mellora da sinalización física e electrónica dos recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de San Xoán de Río

Sinalización e restauración de puntos de interese turístico

30.000,00 €

Concello de Xove

Recuperación e tratamento paisaxístico da área recreativa da Ponte do Carro (contorno igrexa da Rigueira)

29.705,74 €

Concello da Teixeira

Creación e sinalización dunha rede de sendeiros turísticos

28.323,56 €

Concello da Lama

Mellora da sinalización física e electrónica dos recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de Palas de Rei

Adecuación do contorno da igrexa de Marzá e de Merlán

19.329,91 €

Concello de Lousame

Sinalización interpretativa, informativa e direccional de recursos turísticos

29.999,99 €

Concello de Muíños

Mellora das infraestruturas turísticas

30.000,00 €

Concello de Castrelo do Val

Sinalización de ruta etnográfica e arqueolóxica de Castrelo do Val

18.964,21 €

Concello de Camariñas

Área recreativa Alto da Vela. A ría e a biodiversidade da nosa costa

29.983,80 €

Concello de Porqueira

Humanización e mellora da praza de Reboreda

30.000,00 €

Concello de Ponte Caldelas

Obras de mellora do parque arqueolóxico de Tourón

21.111,84 €

Concello de Arnoia

Mellora do acceso aos miradoiros do Monte dos Chaos

29.999,73 €

Concello de Triacastela

Melloras na praza da Deputación

13.335,39 €

Concello de Paradela

Mellora da accesibilidade da ruta do Camiño Vello de Aldosende

30.000,00 €

Concello de Vila de Cruces

Mellora da accesibilidade e embelecemento do acceso ás Insuas de Gres

30.000,00 €

Concello da Fonsagrada

Sinalización da rede de micropaisaxes Ancares Terras de Burón

29.733,07 €

Concello de Cospeito

Iluminación ornamental no parque periurbano de Feira do Monte

30.000,00 €

Concello de Lourenzá

Sinalización dos recursos turísticos. Posta en valor do Val da Faba

18.016,90 €

Concello de Calvos de Randín

Mellora das infraestruturas turísticas

29.830,00 €

Concello de Petín

Acondicionamento e restauración paisaxística do camiño do paseo fluvial

30.000,00 €

Concello de Friol

Sinalización do Camiño Real en Friol e enlace co Camiño Primitivo

29.886,67 €

Concello de Catoira

Reforma e acondicionamento de pasarela peonil de acceso ás Torres de Oeste

30.000,00 €

Concello de Mazaricos

Acondicionamento da contorna da fonte e do lavadoiro de Fírvado

30.000,00 €

Concello de Padrenda

Miradoiro do alto do Lodairo

30.000,00 €

Concello da Gudiña

Mellora da Rúa Maior

29.269,25 €

Concello de Tordoia

Adecuación de espazo degradado para estacionamento de vehículos dos visitantes de recursos turísticos do núcleo de Pontepedra

30.000,00 €

Concello de Covelo

Acondicionamento exterior e mellora do Aserradeiro dos Carranos

28.600,00 €

Concello de Lobeira

Recuperación do forno de Santa Baia

30.000,00 €

Concello de Monterrei

Recuperación e sinalización turística de calzadas medievais para a creación dunha rede de sendeiros na contorna da Vila de Monterrei

29.879,00 €

Concello de Ribadavia

Embelecemento do Camiño da Barca no seu acceso ao Castelo dos Condes de Sarmiento

30.000,00 €

Concello de Cee

Memoria técnica de subministración de cubrecontedores

18.125,80 €

Concello do Vicedo

Instalación de iluminación ornamental no aparcamento de bicicletas e área de descanso

29.930,67 €

Concello da Mezquita

Proxecto de sinalización interpretativa do patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago

29.020,62 €

Concello de Cervo

Realización do tratamento paisaxístico e iluminación ornamental no acceso e contorno á Fonte de Tella (conxunto histórico artístico de Sargadelos)

30.000,00 €

Concello de Vilamarín

Mellora no contorno espazo da área recreativa de piscina municipal

29.930,67 €

Concello da Pobra do Brollón

Actuacións de embelecemento da ponte da Barca e adecuación da ruta do ouro e do ferro

29.762,32 €

Concello de Cenlle

Ruta cultural

26.882,41 €

Concello da Pobra de Trives

Sinalización de puntos de interese turístico

30.000,00 €

Concello de Folgoso do Courel

Melloras nas rutas de sendeirismo da Mina da Toca, dos Sequeiros de Mostad e do contorno do acueduto Ponte do Arco da Veiga

29.999,97 €

Concello de Crecente

Rehabilitación de lavadoiro de Casares e contorno inmediato

30.000,00 €

Concello de Avión

Sinalización recursos turísticos en Avión

28.671,70 €

Concello de Lobios

Mellora da sinalización dos recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de Maceda

Mellora no acceso do Castelo de Maceda

28.055,23 €

Concello de Outeiro de Rei

Creación observatorio de estrelas no miradoiro de Paraños

30.000,00 €

Concello de Boimorto

Sinalización e mellora da ruta de Fragas de Santarandel

30.000,00 €

Concello de Agolada

Rehabilitación de edificación coñecida como antigas cabaleirizas dos pendellos

30.000,00 €

Concello de Ramirás

Integración paisaxística no contorno rural do Viso

30.000,00 €

Concello de Riós

Recuperación de dúas fontes e o seu contorno

28.571,43 €

Concello de Burela

Melloras na área recreativa do Monte Castelo

29.763,36 €

Concello de Melón

Sinalización e arranxo de hórreos. Actuacións de mellora de infraestruturas turísticas

29.930,00 €

Concello do Irixo

Acondicionamento de espazo público na Aira de Ponte Irixo

30.000,00 €

Concello de Pedrafita do Cebreiro

Acondicionamento e mellora de fonte e construción de muros tradicionais no lugar das Teixoiras

20.000,00 €

Concello de Cerdedo-Cotobade

Acondicionamento de local e mellora da seguridade da vía Mariana

30.000,00 €

Concello de Manzaneda

Bancos miradoiro Curro Chaira das Lamas

7.487,79 €

Concello de Beariz

Realización dun miradoiro de Magros, no lugar do Carballo de Magros

29.436,88 €

Concello do Pino

Instalación de contedores soterrados na rúa Nova

30.000,00 €

Concello de Pol

Sinalización da rede de micropaisaxes Ancares Terras de Burón

29.619,74 €

Concello de Abegondo

Sinalización de recursos turísticos

29.935,52 €

Concello de Guntín

Aparcamento a carón do pavillón e cubrecontedores. Mellora das infraestruturas turísticas

30.000,00 €

Concello de Cabanas

Sinalización da rede municipal de micropaisaxes

29.927,08 €

Concello de Vilasantar

Construción de pontes e sinalización da ruta dos Muíños do río Gándaras

30.000,00 €

Concello de Amoeiro

Proxecto de mellora do acceso ao abrigo do Raposo e a Ferradura

30.000,00 €

Concello de Pantón

Mellora de accesos a igrexa BIC San Vicente de Pombeiro

30.000,00 €

Concello de Mondariz

Creación de sendeiro da Fraga do río Aboal

30.000,00 €

Concello de Campo Lameiro

Restauración dos petróglifos de Chan da Lagoa e Matabois para o seu aproveitamento turístico na capital da arte rupestre

28.749,60 €

Concello de Oia

Sinalización da ruta máxica

30.000,00 €