De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, da Axencia Galega de Innovación e da Residencia de Maiores de Marín.
Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Acceso ás actividades formativas de emerxencia e primeira intervención
O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https://egap.xunta.gal> e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:
1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).
2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.
Quinta. Criterios de selección
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétima. A asistencia
A asistencia:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e Cualtis, S.L.U.
1. A EGAP e Cualtis, S.L.U. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde a ambas as dúas entidades prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Cualtis, S.L.U. reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e Cualtis, S.L.U. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
• Código: CV23052.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: Formación en Prevención de Riscos Laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
1. Obxectivos.
Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.
2. Destinatarios/as.
Persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e da Axencia Galega de Innovación.
3. Desenvolvemento.
Modalidade: presencial.
Duración: 12 horas.
Prazas: 30.
Edicións: 1.
Datas: 23 e 24 de maio de 2023.
Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.
Lugar de realización: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, rúa Airas Nunes, s/n (Conxo), 15781 Santiago de Compostela.
Contido:
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
– Primeiros auxilios:
- Conceptos básicos.
- Cuestións prácticas.
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.
• Código: CV23053.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: Formación en Prevención de Riscos Laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
1. Obxectivos.
Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.
2. Destinatarios/as.
Persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, da Residencia de Maiores de Marín.
3. Desenvolvemento.
Modalidade: presencial.
Duración: 6 horas.
Prazas: 25.
Edicións: 2.
Primeira edición: 15 de maio de 2023.
Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.
Segunda edición: 22 de maio de 2023.
Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.
Lugar de realización: Residencia de Maiores de Marín, rúa Ezequiel Massoni, 9, 36900 Marín.
Contido:
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
– Primeiros auxilios:
- Conceptos básicos.
- Cuestións prácticas.
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.