Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 28952

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Arzúa no núcleo rural da Igrexa-San Salvador.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Arzúa no núcleo rural da Igrexa-San Salvador, mediante Resolución da Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 24 de abril de 2023, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D2088&_aaeTipology_WAR_aae_id=2088

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Resolución de aprobación definitiva da modificación puntual nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Arzúa no núcleo rural da Igrexa-San Salvador

O Concello de Arzúa solicita a aprobación definitiva da modificación puntual referida, en virtude do disposto no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Analizada a documentación achegada; e, vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1.O Concello de Arzúa dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente por Orde da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 6.10.2008 (DOG do 6 de novembro).

2. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe o 11.7.2018, para os efectos do trámite de consultas previsto no artigo 78.4.b) da LSG.

3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico o día 7.8.2018 (DOG do 30 de agosto), no que se resolve non someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. No marco do proceso de consultas previas, contestaron, ademais da DXOTU:

• Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural, informe do 21.5.2018.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, informe do 19.6.2018.

• Instituto de Estudos do Territorio, informe do 24.7.2018.

4. Constan informes municipais: do arquitecto técnico, do 27.7.2020; e da secretaria, de 20.8.2020.

5. O Concello Pleno do Concello 27.8.2020 aprobou inicialmente a modificación. Foi sometida a información pública polo prazo de dous meses (Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro; e El Correo Gallego e La Voz de Galicia do 22 de decembro) e notificada aos titulares catastrais, presentándose 13 alegacións segundo certificación do 10.10.2022.

6. O arquitecto técnico municipal emitiu informes o 26.1.2021 e o 14.6.2021.

7. Consta a emisión dos seguintes informes non autonómicos:

• Demarcación de Estradas do Estado en Galicia (Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) do 18.3.2021, favorable.

• Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) do 12.4.2021, favorable.

• Área de Fomento (Delegación do Goberno en Galicia) do 19.4.2021.

• Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Repto Demográfico) do 12.4.2021.

8. Consta a emisión dos seguintes informes autonómicos preceptivos:

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 22.9.2021, favorable condicionado.

• Instituto de Estudos do Territorio en materia de paisaxe do 24.9.2021, desfavorable; e do 5.8.2022, favorable.

Non foi recibido o informe solicitado a Augas de Galicia con data do 16.6.2021.

9. O arquitecto técnico municipal emitiu informes técnicos o 20.10.2022, o 26.10.2022 e o 2.11.2022.

10. A secretaria municipal emitiu informe xurídico o 31.10.2022.

11. O Pleno do Concello de Arzúa aprobou provisionalmente a modificación o 4.11.2022.

12. A solicitude de aprobación definitiva realizouse mediante oficio do 1.12.2022, complementada con documentación recibida o 7.12.2022, o 29.12.2022 e o 25.1.2023.

II. Obxecto e descrición da modificación.

O obxecto da modificación é delimitar o solo de núcleo rural correspondente aos núcleos rurais contiguos de San Salvador e A Igrexa (parroquia de Santa María de Arzúa), como consecuencia da anulación da delimitación contida no PXOM polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sentenza 483/2014, do 15.5.2014).

A delimitación comprende unha superficie de 45.504 m2, inferior aos 71.975 m2 correspondentes ao planeamento anulado, polo que se reduce a edificabilidade residencial total do PXOM, solo de núcleo rural tradicional e solo de núcleo rural común.

A modificación introduce ademais alteracións na ordenanza de solo de núcleo rural do PXOM:

• No artigo 9.2.2. Clasificación en graos establécese a aplicación do grao 1 solo de núcleo rural tradicional á parte tradicional do núcleo da Igrexa-San Salvador e establécese a aplicación do grao 2 área de expansión á parte común deste núcleo.

• No artigo 9.2.6. Condicións da edificación, permítese no grao 2 a exención da superficie mínima de 600 m2 en casos excepcionais debidamente xustificados de parcelas situadas entre outras xa edificadas; e establécese para este novo núcleo delimitado un réxime particular de parcela mínima para segregacións de 500 e 1.000 m2 (fronte aos 300 e 600 m2 do PXOM) e de fronte mínima de parcela de 12 a 16 m (fronte á falta de regulación no solo tradicional e 12 m na área de expansión do PXOM). Ademais, na parte común do novo núcleo establécese como parcela mínima a existente.

III. Análise e consideracións.

Analizada a delimitación do ámbito de solo núcleo rural común proposto, púidose comprobar que dá cumprimento ao establecido no artigo 33.2 RLSG, xustificando as necesidades de crecemento do núcleo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, e en virtude do establecido no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

a) Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 2 do PXOM do Concello de Arzúa, no núcleo rural da Igrexa-San Salvador.

b) De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación de núcleo rural no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

c) Notifíquese ao Concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

d) De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación de solo de núcleo rural aprobada no Boletín Oficial de la provincia, unha vez inscrita esta no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.