A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza, polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a súa publicación completa, e non parcial, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.
Nesta publicación figuran tamén postos cuxas excepcionalidades de cobertura polo sistema de libre designación foron clasificadas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de setembro de 2016, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 185, do 28 de setembro).
En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de abril de 2023, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de abril de 2023, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública