Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29164

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de biotecnoloxía.

Unha vez recibida a proposta final do tribunal coa persoa candidata que superou o proceso selectivo, e acreditado por esta o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e precisos para o seu nomeamento como funcionaria de carreira, cómpre considerar:

Mediante a Resolución do 2 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 21 de decembro, convocouse o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal laboral fixo do grupo I, da categoría de técnico/a superior de biotecnoloxía, polo sistema de acceso libre.

O 21 de decembro de 2021 publicouse a relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) (Resolución do 2 de decembro), logo de negociación e acordo coa representación sindical do persoal laboral e funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, que unifica nunha as dúas RPT preexistentes, unha do PAS sometido ao réxime laboral e outra do PAS regulado polo réxime funcionarial. Con este acordo, a totalidade do PAS da Universidade de Vigo pasa a figurar nunha única RPT, que entrou en vigor con efectos plenos o 1 de novembro de 2022, de acordo coa Instrución da Xerencia do 31 de outubro de 2022.

De xeito paralelo ao proceso negociador da RPT, as mesmas partes negociaron e acordaron a funcionarización voluntaria do PAS laboral, así como o procedemento mediante o cal acadala a través do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos. No seu anexo II establece a correspondencia entre as categorías profesionais do PAS laboral e as novas escalas e subescalas do PAS funcionario, para os efectos da súa integración nelas; concretamente, a categoría de técnico superior de biotecnoloxía integrouse na escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de biotecnoloxía.

A continuación convocáronse os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade, mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2022 (DOG do 22 de febreiro). Estes procesos concluíron mediante a Resolución do 27 de xullo de 2022 e procedeuse ao nomeamento do persoal que os superou con efectos do 1 de novembro de 2022.

Resulta así que, no período transcorrido entre a convocatoria da praza (2 de decembro de 2021) e a resolución do proceso selectivo, se modificaron a súa condición e réxime xurídico, que pasaron de laboral a funcionarial.

Por conseguinte, considerando todo o exposto, a incorporación da persoa que superou o proceso selectivo débese realizar baixo o réxime de persoal funcionario e mediante o procedemento establecido no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Consecuentemente, constatado o cumprimento do previsto nas alíneas a) e b) do dito artigo, consonte o disposto nas leis de función pública e de acordo coas atribucións que me confiren a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, e os estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a Beatriz Díaz Reinoso, con DNI ***9858**, funcionaria de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de biotecnoloxía da Universidade de Vigo, con especificación do destino adxudicado.

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req.

Obs.

11700

PF12501

Técnico de biotecnoloxía

1

23

989,12

C

A1

M e T

O

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Biotecnoloxía

COD: código

Q: quenda de traballo, M e T-mañá e tarde

D: dotación

C: campus, O-Ourense

CD: complemento de destino

SUB.: subescala

CE: complemento específico

REQ.: requisitos

FP: forma de provisión, C-concurso

OBS.: observacións

SG: subgrupo de clasificación

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de abril de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo