Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29158

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de servizos xerais, subescala de xestión ambiental.

Unha vez recibida a proposta final do tribunal coa persoa candidata que superou o proceso selectivo, e acreditado por esta o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e precisos para o seu nomeamento como funcionario de carreira, cómpre considerar:

Mediante a resolución do 2 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 21 de decembro, convocouse o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal laboral fixo do grupo I, da categoría de técnico/a superior de xestión ambiental, polo sistema de acceso libre.

O 21 de decembro de 2021 publicouse a relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) (Resolución do 2 de decembro), logo de negociación e acordo coa representación sindical do persoal laboral e funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, que unifica nunha as dúas RPT preexistentes, unha do PAS sometido ao réxime laboral e outra do PAS regulado polo réxime funcionarial. Con este acordo, a totalidade do PAS da Universidade de Vigo pasa a figurar nunha única RPT, que entrou en vigor con efectos plenos o 1 de novembro de 2022, de acordo coa Instrución da Xerencia do 31 de outubro de 2022.

De xeito paralelo ao proceso negociador da RPT, as mesmas partes negociaron e acordaron a funcionarización voluntaria do PAS laboral, así como o procedemento mediante o cal acadala a través do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos. No seu anexo II establece a correspondencia entre as categorías profesionais do PAS laboral e as novas escalas e subescalas do PAS funcionario, para os efectos da súa integración nelas; concretamente, a categoría de técnico superior de xestión ambiental integrouse na escala técnica superior de servizos xerais, subescala de xestión ambiental.

A continuación convocáronse os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade, mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2022 (DOG do 22 de febreiro). Estes procesos concluíron mediante a Resolución do 27 de xullo de 2022 e procedeuse ao nomeamento do persoal que os superou con efectos do 1 de novembro de 2022.

Resulta así que, no período transcorrido entre a convocatoria da praza (2 de decembro de 2021) e a resolución do proceso selectivo, se modificaron a súa condición e réxime xurídico, que pasaron de laboral a funcionarial.

Por conseguinte, considerando todo o exposto, a incorporación da persoa que superou o proceso selectivo débese realizar baixo o réxime de persoal funcionario e mediante o procedemento establecido no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Consecuentemente, constatado o cumprimento do previsto nas alíneas a) e b) do dito artigo, consonte o disposto nas leis de función pública e de acordo coas atribucións que me confiren a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, e os estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a Sergio Ramos Felípez, con DNI ***1629**, funcionario de carreira da escala técnica superior de servizos xerais, subescala de xestión ambiental da Universidade de Vigo, con especificación do destino adxudicado.

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req.

Obs.

01320

PF12101

Técnico/a de xestión ambiental

1

23

989,12

C

A1

M e T

V

Técnica superior de servizos xerais

Xestión ambiental

COD: código

Q: quenda de traballo, M e T-mañá e tarde

D: dotación

C: campus, V-Vigo

CD: complemento de destino

SUB.: subescala

CE: complemento específico

REQ.: requisitos

FP: forma de provisión, C-concurso

OBS.: observacións

SG: subgrupo de clasificación

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de abril de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo