Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29298

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica o anexo A da Resolución do 10 de marzo de 2023 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2023 (código de procedemento MT806B).

Antecedentes.

Primeiro. Mediante a Resolución do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2023 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

Segundo. O anexo A da citada resolución establece a relación de embarcacións e tripulantes autorizados a participar neste plan.

Terceiro. O día 2 de maio de 2023 o patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Carril solicitou que se excluíra do plan, da embarcación Tilocha Primera (VILL-3ª-3-21), a Antonio Pesado Romay por estar de baixa médica e que se incluíse a María del Carmen Portas Gago.

Cuarto. Este cambio de tripulantes non supón un aumento do esforzo pesqueiro respecto do xa aprobado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, pola Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, (DOG núm. 9 do 15 de xaneiro), e polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño).

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011 dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e cos informes previstos nos puntos dous e tres do dito artigo.

Terceiro. Segundo o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, corresponde a esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a ordenación, a conservación, a protección, o fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

Resolución.

Visto o exposto e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Patrimonio Natural, acórdase modificar o anexo A da Resolución do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2023 e no que se establece a relación de embarcacións e tripulantes para participar no dito plan.

O anexo A do plan de aproveitamento queda substituído polo anexo desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo de 1 mss dende a publicación desta segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 4 de maio de 2023

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Relación de embarcacións e tripulantes autorizados a participar no
Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2023

– Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no Plan

1

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

2

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

3

Camba

VILL-3ª-9.952

Elena Lago Pérez

Ricardo Jueguen Martínez

4

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Juan Francisco García Cameán

5

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª Luz Rodríguez Potel

6

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

7

Porto

VILL-3ª-10.131

Begoña Barreiro Ferreirós

Damián Ozores Barreiro

8

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

9

Tilocha primera

VILL-3ª-3-21

María del Carmen Portas Gago

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

10

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

11

Xurxo

VILL-3ª-8-91

María Begoña Gerpe Jamardo

Roberto Diz Rivas

Total: 11 embarcacións-24 tripulantes.

– Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no Plan

1

O Quinso

VILL-3-21-8

Serafín Rubio Collazo

Manuel Gómez Gómez

2

Curota

VILL-3-4-02

Eloy Vidal Galbán

Mª Vanesa Pérez Abuín

3

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

4

Paraná

VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Obdulia Conde Rañó

5

Peruco

VILL-3-9-98

Xacobo Vicente Patiño

Juan Vicente Patiño

6

Somos Dos

VILL-3-9651

José Ramón Fungueiriño Castro

7

Xoana

VILL-3-13-92

Juan Diego Tembra Domínguez

Cristina Ces Ordóñez

Total: 7 embarcacións-13 tripulantes.