Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29370

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia pola que se encarga a esta fundación a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da décimo séptima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 13 de abril de 2023, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se encomenda á Fundación Semana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da décimo sétima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, coas seguintes características:

– A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para o desenvolvemento da décimo sétima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, programadas para o día 20 de maio de 2023, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, ás directrices de execución e ao cronograma de actividades que se van desenvolver.

– A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de Galicia, de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida no que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50% por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 15 de maio ao 23 de maio de 2023.

– Importe: o importe da encomenda ascende a cincuenta e tres mil douscentos sesenta euros con oitenta e un céntimos (53.260,81 €) con cargo á aplicación orzamentaria 11.50.323A.226.13.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

José Ramón Pardo Carbarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade