Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29468

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 9 de maio de 2023 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril.

Disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio expresivo da aprobación, por esta xunta electoral, da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública Radio Oleiros, TVE, RNE, R5, TVG e RG, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 207/2023, co fin de que as entidades políticas que se consideren afectadas poidan examinar a dita proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que consideren oportunos.

A Coruña, 9 de maio de 2023

Emilio-Benjamín Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña