Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO da aprobación da convocatoria e das bases dos procesos selectivos e técnico/a da Administración xeral e de técnico/a de xestión.

No Boletín Oficial da provincia núm. 80, do 27 de abril de 2023, publícanse integramente as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos das seguintes prazas de funcionario/a de carreira:

– Técnico da Administración xeral, grupo A, subgrupo A1, escala da Administración xeral, subescala técnica da Administración xeral.

– Técnico de xestión, grupo A, subgrupo A2, escala da Administración xeral, subescala técnica de xestión.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como recollen as bases do proceso.

Os anuncios sucesivos inseriranse tan só no BOP e no taboleiro electrónico de anuncios, conforme o establecido nas bases.

Porto do Son, 27 de abril de 2023

José Luis Oujo Pouso
Alcalde