Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Pola Resolución da Alcaldía nº 428/2023, do 24 de abril, resolveuse nomear, consonte a proposta do tribunal de selección, como funcionaria de carreira do Concello de Porto do Son, para ocupar a praza de auxiliar administrativo, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de auxiliar, a María Olveira Arcos, con DNI: ***8169**.

Requírese a persoa nomeada para formalizar a toma de posesión, dentro do prazo dun (1) mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tal e como establece o artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Porto do Son, 28 de abril de 2023

José Luis Oujo Pouso
Alcalde