Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira na praza de administrativo/a de rexistro.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2023, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de María Belén Vázquez Cagide, con DNI: ***1073**, como funcionaria de carreira do Concello de Taboada na praza pertencente ao grupo C1; c.d.:18; c.e.: 5.967,36 euros; escala de Administración xeral; subescala técnica; denominación: administrativo/a de rexistro.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Taboada, 5 de maio de 2023

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde