Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30013

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

A Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), creou no Servizo Galego de Saúde, como parte do colectivo profesional do persoal médico de familia, a categoría estatutaria de facultativo/a especialista de atención primaria.

Coa finalidade de diminuír o moi grave déficit de persoal médico de familia mediante a incorporación urxente do primeiro grupo de profesionais da nova categoría, no ano 2022 tramitouse un proceso selectivo, polo sistema de concurso, para acceder á condición de persoal fixo nesta categoría.

A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega, co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura, incluída no seu ámbito a categoría de facultativo especialista de atención primaria, e posibilitar a realización do segundo proceso selectivo polo sistema de concurso nesta categoría.

De conformidade co establecido no Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Sanidade e no uso das competencias que lle atribúen o artigo 18 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 31 de outubro) e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 29 de abril), resolve convocar o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, de acordo coas seguintes bases:

I. Normas xerais.

1.1. Prazas e sistemas de acceso.

1.1.1. Convócase o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso como persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, dentro do colectivo de persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de nivel licenciado ou graduado con título de especialista en ciencias da saúde (subgrupo A1).

1.1.2. O número total de prazas que se convocan neste proceso é de 72, das cales 50 corresponden á quenda de acceso libre, 4 resérvanse para o seu acceso por persoas con discapacidade e 18 á promoción interna.

1.1.3. No anexo I da presente resolución concrétanse os lugares de prestación de servizos e os tramos de atención continuada das prazas convocadas.

O artigo 35 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos/as de familia, incorporou medidas extraordinarias en materia de planificación e ordenación de recursos humanos para o fortalecemento da atención primaria; entre elas, a creación da nova categoría estatutaria de facultativo/a especialista de atención primaria para paliar o déficit de persoal médico dispoñible para os servizos asistenciais en atención primaria.

As prazas que neste momento se convocan foron reconvertidas de vacantes actuais de médico/a de familia que non foron solicitadas no concurso aberto e permanente por ningún profesional, e que teñen unha especial dificultade de cobertura, entre outros motivos, por non figurar aspirantes nas bolsas de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, pola súa localización con condicións de illamento e soidade, polas quendas de traballo de tardes ou desprazables.

1.1.4. As persoas interesadas en participar neste proceso deberán optar, no formulario electrónico de inscrición, por un dos sistemas de acceso que se habilitan: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso. Como excepción, os/as aspirantes que soliciten participar pola quenda de discapacidade e non dispoñan no momento de presentar a inscrición, malia telo solicitado, do certificado de recoñecemento do grao de discapacidade emitido polo órgano competente, deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto, efectuar o pagamento da taxa correspondente e achegar a solicitude de recoñecemento de discapacidade presentada.

Neste suposto, resultará admitido/a pola quenda de discapacidade e poderá solicitar o reintegro da taxa aboada sempre que acredite documentalmente ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % nos termos exixidos na convocatoria o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluídos. Noutro suposto, resultará admitido/a polo sistema de acceso libre.

II. Requisitos.

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.2. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

2.1.3. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.4. Titulación: estar en posesión do título oficial de médico/a especialista en medicina familiar e comunitaria ou da certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre o exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde.

No suposto de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais, respectivamente.

2.1.5. Protección xurídica do menor: non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

2.1.6. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no punto 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Posuír a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior a aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.2.2. Persoas con discapacidade.

Poderán acceder por esta quenda as persoas que, ademais de reuniren os requisitos xerais que se indican no punto 2.1, teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, que deberán acreditar nos termos exixidos nesta convocatoria.

Para os efectos de acceso ao proceso selectivo, os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente en grao de total, absoluta ou grande invalidez, considéranse afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %.

2.3. Data en que se deben reunir os requisitos de participación.

Todos os requisitos de participación, agás o previsto no punto 2.1.4, deberán reunirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

Como excepción, a titulación de acceso deberá posuírse, ou estar en condicións de obterse por ter superada a formación conducente á obtención daquela, o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

2.4. Prazo de acreditación dos requisitos de participación.

Os requisitos de participación deberá acreditalos o/a aspirante dentro do prazo de presentación de solicitudes previsto na base 5.3, agás o relativo á titulación de acceso, previsto na base 2.1.4, respecto do que se admitirá a súa acreditación ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

2.5. Procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes, excepto no suposto e respecto da documentación que se sinala na base 2.6, deberán presentar dentro do prazo que se indica na base anterior a seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou número de identidade estranxeiro en vigor.

2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito nos termos exixidos na base 2.7.

3. Fotocopia compulsada ou auténtica do título exixido para o ingreso na correspondente categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos no anexo III desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente segundo o disposto naqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro da Unión Europea, deberá presentarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación e recoñecemento, respectivamente.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar a documentación acreditativa da súa identidade.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, copia compulsada ou electrónica auténtica do documento que lles acredite teren recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, expedido polo órgano competente para o recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.

2.5.4. A falta de acreditación por parte da persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do proceso.

2.6. Verificación dos requisitos de participación a través da plataforma de intermediación.

2.6.1. Excepto no suposto de oposición expresa do/da aspirante manifestada no espazo habilitado para o efecto no formulario electrónico de inscrición no proceso (Fides/expedient-e), o órgano convocante procederá a verificar na plataforma de intermediación (PasaXe!) a seguinte documentación acreditativa dos requisitos de participación:

– DNI/NIE.

– Certificado de discapacidade expedido por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Condición de demandante de emprego no territorio nacional e de non ser perceptor de prestación ou subsidio por desemprego.

– Título de familia numerosa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa á súa consulta, os/as aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa de todos os requisitos nos termos que se indican na base 2.5.

2.6.2. Se unha incidencia técnica debidamente acreditada imposibilitase o funcionamento ordinario dos sistemas, o órgano convocante poderá requirirlle ao/á aspirante a acreditación en papel de todos os requisitos de participación.

2.7. Taxas.

2.7.1. Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 44,17 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VI. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe de emprego público. A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do Cixtec (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar en servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude.

Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa a través do Fides/expedient-e, en que se habilita un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, no tempo e na forma, da solicitude de participación no proceso.

2.7.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– Polas persoas vítimas do terrorismo, entendendo por tales as que tiveran sufrido danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o/a seu/súa cónxuxe ou persoa con que convivira con análoga relación de afectividade, o/a cónxuxe do/da falecido/a e os/as fillos/as dos/das feridos/as e falecidos/as.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada ou electrónica auténtica da cualificación de discapacidade ou da resolución pola que se lle recoñece a incapacidade permanente.

– Copia compulsada ou electrónica auténtica do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

– Copia compulsada ou electrónica auténtica da sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñece a condición de vítima do terrorismo.

2.7.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

III. Méritos.

3.1. Méritos para valorar.

Os méritos que ter en conta neste proceso serán os recollidos no anexo II e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada o último día do prazo de presentación de solicitudes de participación, agás os relativos a ter completado o período como residente do programa MIR na especialidade de medicina familiar e comunitaria e a avaliación final obtida durante o período de residencia, que poderá reunilos e acreditalos o/a aspirante, para os efectos da súa valoración, ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, as persoas aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo IV destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, con carácter xeral, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes ou para o suposto dos méritos relativos a ter completado a formación MIR na especialidade de medicina familiar e comunitaria e avaliación final obtida, ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso, deberá rexistrar no sistema Fides/expediente-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración neste proceso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de informe.

A solicitude de validación dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse en rexistro administrativo, electrónico ou presencial, ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2, ata o último día do prazo de presentación de instancias excepto para o suposto dos méritos relativos á formación MIR indicados no parágrafo anterior, que poderán presentarse ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo III. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e agás para o suposto previsto na base 3.1 non se admitirá, unha vez rematado o prazo para a súa presentación, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo III e constando documentalmente ter sido solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/tales mérito/s agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia deste proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización, só se terán en conta os achegados inicialmente.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo III.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo III dentro do prazo establecido nesta convocatoria para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.9. Para os efectos deste proceso, e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que hai que asignar, por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo.

3.2.10. Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático nas datas establecidas nesta convocatoria non serán obxecto de valoración.

IV. Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos da asignación da puntuación prevista na base 8.1.3 desta convocatoria, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso, que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada ou electrónica auténtica do mesmo dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

Admitirase a súa acreditación ata o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

V. Solicitude.

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/concurso de méritos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo IV, e que logo de formalizada electronicamente deberán asinar e presentar na forma e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.4. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido aos efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/da aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio do mesmo. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.5. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación que se indica nas bases segunda, terceira e cuarta, excepto a relativa á titulación de acceso polo sistema de residencia, que poderá presentarse ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase dun certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As solicitudes de participación poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de xuño de 2023.

VI. Admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

6.4. Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6.5. O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunal de selección.

7.1. O tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante publicándose a este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia. De conformidade co artigo 1.6. da Lei 2/2022 do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, o tribunal designado para a selección poderá ser único, por subgrupos de clasificación, para as distintas categorías estatutarias obxecto de convocatoria en execución de dita lei, sen prexuízo de que poida estar asesorado, de así se precisar, por especialistas nas correspondentes categorías. A súa composición será paritaria no conxunto da oferta.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, corresponden ao tribunal de selección as funcións relativas á avaliación das competencias profesionais dos/das aspirantes a través da valoración dos distintos aspectos do seu currículo profesional e formativo así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas en orde ao correcto desenvolvemento do proceso e a resolución de incidencias.

7.2. O tribunal terá a súa sede, aos efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.3. O tribunal estará composto por un número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

Os membros do tribunal terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das Administracións Públicas ou dos Servizos de Saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

7.4. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010 ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a deberá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 23 da Lei de réxime xurídico do sector público nin nas demais causas de abstención previstas nesta base.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme ao artigo 24 da Lei de réxime xurídico do sector público.

7.5. A autoridade convocante publicará, no seu caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír aos que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.6. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a asistencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/da presidente/a e do/da secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións celebradas polo tribunal redactarase a correspondente acta que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.7. O tribunal que actúe no proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, de 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG núm. 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

8.1.1. Sistema de selección.

De acordo co establecido no artigo 35 da Lei 18/2021, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro), o sistema de selección será o de concurso.

8.1.2. Méritos a valorar.

Os méritos a valorar serán os recollidos no anexo II da presente resolución. A puntuación máxima a acadar pola valoración de tales méritos será de corenta puntos.

8.1.3. Coñecemento da lingua galega.

Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito das/dos usuarias/os dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, no concurso valorarase o coñecemento da lingua galega, cunha puntuación específica e adicional de 5 puntos.

Terán dereito a esta puntuación os/as aspirantes que teñan acreditado na forma e prazo indicados na base cuarta desta convocatoria estar en posesión do certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

No suposto de non acreditar o nivel de coñecemento exixido e terse presentado a algún ou aos dous últimos procesos selectivos convocados e resoltos polo Servizo Galego de Saúde na categoría de médico/a de familia de atención primaria, con independencia da superación ou non da fase de oposición, asignarase a puntuación obtida no exercicio de lingua galega. No suposto de ter realizado o exercicio de lingua galega en dous procesos selectivos, asignaráselle a maior puntuación obtida.

8.1.4. Puntuacións provisionais.

Realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes do anexo II, a correspondente á acreditación do coñecemento da lingua galega, de ser o caso, así como a valoración total do concurso.

Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.1.5. Puntuación final do proceso.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso.

A puntuación total do/da aspirante no proceso será a que resulte da suma da puntuación definitiva obtida pola valoración de méritos do concurso que se recollen no anexo II máis a acadada por aquel na epígrafe de coñecemento da lingua galega.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1. Logo da publicación das puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes no proceso, o tribunal de selección elevará á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso.

9.2. O sistema de desempate efectuarase a favor do/da aspirante que teña acreditado o coñecemento da lingua galega. De persistir o empate, dirimirase este a favor do/da aspirante que tivera acadado a maior puntuación total no concurso pola valoración dos méritos que se inclúen no anexo II e, de ser necesario, sucesivamente por cada epígrafe deste e pola súa orde. De seguir existindo méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas dirimirase o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría de médico/a de familia no Servizo Galego de Saúde. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

Enténdese, a estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando na categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos, entre o número de mulleres e o número de homes.

9.3. Todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da presente resolución.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

9.4. Os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, de ser o caso, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

No suposto de aspirantes que non poidan acreditar a capacidade funcional por encontrarse en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez en virtude dunha resolución que prevé a revisión por melloría, ou que ten sido recorrida, o/a aspirante poderá aportar a documentación que acredite a recuperación da capacidade funcional ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión ou se dite a correspondente resolución, continuando a súa participación no proceso desde ese momento, previa acreditación da recuperación da capacidade funcional.

Quedará en suspenso a participación no proceso daqueles/as aspirantes que tendo participado pola quenda de discapacidade teñan perdido a condición de discapacitado, sempre que acrediten ter recorrido a correspondente resolución pola que deixan de ter tal condición. Unha vez ditada resolución ou sentenza firme pola que recupere a condición de discapacitado, deberá poñelo en coñecemento do órgano convocante, continuando a súa participación no proceso desde ese momento.

9.5. Comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as e indicará o prazo e procedemento para a elección dos destinos ofertados.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no proceso con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que tiveran efectuado, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

9.7. Só aos efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o proceso pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1 a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá dita alteración cando se atope debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.8. O/a aspirante nomeado/a que, no prazo e conforme ao procedemento que se estableza, non tivese seleccionado os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, ou non resultase adxudicatario/a de ningún polos que tivese optado, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. Neste suposto, a autoridade convocante procederá á selección de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, polos aspirantes nomeados inicialmente. O nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/a aspirante que non resultou adxudicatario.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que, de ser o caso se actualice a lista de seleccionados, se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeados persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez. Neste suposto se a resolución que recoñece a incapacidade prevé a revisión por melloría, ou ten sido recorrida, a participación do/da aspirante no presente proceso quedará en suspenso ata o momento en que remate o prazo de revisión ou se dite a correspondente resolución, procedendo nese momento e previa acreditación da recuperación da capacidade funcional á realización do correspondente nomeamento.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación á que se refire o punto anterior.

10.3. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, na xornada ordinaria e na complementaria para prestar servizos de atención continuada, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante procederá a seleccionar e nomear persoal estatutario fixo da categoría a novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles aspirantes que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non se incorporou ao servizo activo.

10.4. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que se impartirán polo Servizo Galego de Saúde.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionado/as que a teñan realizado con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e teña sido debidamente validada.

XI. Norma derradeira.

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polo tribunal, pola autoridade convocante ou polo órgano encargado da xestión, poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Facultativos especialistas de atención primaria

Área sanitaria

Centro de saúde

Quenda

PAC de referencia

A.S. A Coruña e Cee

Vimianzo

Mañá 

Vimianzo, Cee

Laxe

Mañá 

Ponteceso, Cee

Arteixo

Desprazable

Arteixo, A Coruña

A.S. Ferrol

Ares

Mañá 

Fene-Pontedeume-Ferrol

As Pontes de García Rodríguez

Desprazable

As Pontes de García Rodríguez-Narón-San Sadurniño

Fontenla Maristany

Desprazable

Ferrol-Fene-Pontedeume

Fontenla Maristany

Tarde 

Ferrol-Fene-Pontedeume

Narón

Mañá 

Narón-As Pontes de García Rodríguez-San Sadurniño

Narón

Mañá 

Narón-As Pontes de García Rodríguez-San Sadurniño

Narón

Desprazable

Narón-As Pontes de García Rodríguez-San Sadurniño

Narón

Tarde 

Narón-As Pontes de García Rodríguez-San Sadurniño

A.S. Santiago de Compostela e Barbanza

A Pobra do Caramiñal

Desprazable

Ribeira/A Pobra do Caramiñal/Boiro

Boiro

Desprazable

Ribeira/ A Pobra do Caramiñal/Boiro

Boiro

Tarde

Ribeira/ A Pobra do Caramiñal/Boiro

Boiro-Cabo de Cruz

Mañá 

Ribeira/ A Pobra do Caramiñal/Boiro

Esteiro-Muros

Mañá 

Muros/Noia

Frades-Ordes

Mañá 

Ordes

Mesía-Xanceda

Mañá 

Ordes

Noia

Mañá 

Noia/Muros

Trazo-Agro do Mestre

Mañá 

Ordes/Santiago de Compostela

Rianxo

Desprazable

Rianxo/Valga/Padrón

Rianxo

Desprazable

Rianxo/Valga/Padrón

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira/ A Pobra do Caramiñal/Boiro

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira/ A Pobra do Caramiñal/Boiro

Santa Comba

Mañá 

Santa Comba

Teo-Cacheiras

Tarde 

A Estrada/Santiago de Compostela

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Desprazable

Monforte de Lemos

Sarria

Mañá 

Sarria-Lugo

Pedrafita

Mañá 

Becerreá-O Corgo

Castro de Ribeiras de Lea

Mañá 

Meira-Palas de Rei

Guntín

Mañá 

Guntín-Lugo

Meira

Mañá 

Meira-Lugo

Barralla

Mañá 

O Corgo-Lugo

Burela

Mañá 

Burela-Ribadeo-Viveiro

Viveiro

Mañá 

Viveiro-Burela-Ribadeo

Xermade

Mañá 

Lugo-Vilalba-Outeiro de Rei

O Vicedo

Mañá 

Viveiro-Burela-Ribadeo

A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra de Trives

Maña

Pobra de Trives, Castro Caldelas

A Pobra de Trives

Maña

Pobra de Trives, Castro Caldelas

Coles-Piñor

Mañá

Coles, Ourense

Xinzo de Limia

Desprazable

Xinzo de Limia

Punxín-San Amaro

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño

Desprazable

O Carballiño

Calvos de Randín-Baltar

Mañá

Xinzo de Limia, Allariz, Celanova

Nogueira de Ramuín-Paderne Allariz

Mañá

Maceda, Ourense e Castro Caldelas

A Rúa-Larouco

Mañá

O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

A Rúa-Petín

Mañá

O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Carballeda de Valdeorras-Rubiá

Mañá

O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Lobeira-Bande

Mañá

Celanova, Bande

Lobios-Entrimo

Mañá

Celanova, Bande

O Irixo-San Amaro

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño-Beariz

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño-Punxín

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Barco de Valdeorras

Mañá

O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Verín-Laza

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

Cualedro-Laza

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

Viana do bolo-Vilariño de Conso

Mañá

Viana do Bolo

A Gudiña

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

A Mezquita

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

O Barco de Valderras

Desprazable

O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

A.S. Vigo

Aldán-O Hío

Mañá 

Cangas-Moaña, Redondela, Vigo

Arbo 

Mañá 

A Cañiza, Ponteareas, Vigo

Covelo 

Mañá 

Ponteareas, A Cañiza, Vigo

Pazos-Fornelos

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

Ponteareas 

Desprazable

Ponteareas, A Cañiza, Vigo 

Redondela 

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo 

Redondela 

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

A.S. Pontevedra e O Salnés

Catoira

Mañá

Vilagarcía de Arousa

Forcarei

Mañá 

Cerdedo-A Parda

O Grove

Mañá 

O Grove-Baltar

Vilagarcía de Arousa

Tarde 

Caldas de Reis-Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Tarde 

Caldas de Reis-Vilagarcía de Arousa