Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30011

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a de grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 62).

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022, a directora da Axencia Turismo de Galicia convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 62).

A epígrafe IV.I da dita resolución dispón que a Comisión de Selección do proceso selectivo será nomeada mediante resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia que se publicará no DOG. Así mesmo, establece que a súa composición virá determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, no artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública clasificou e autorizou o número máximo de integrantes e de sesións da Comisión de Selección da Axencia Turismo de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Nomear como membros da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 62) da Axencia Turismo de Galicia, as seguintes persoas:

– Presidencia:

Antonio Casas Calviño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Amparo Pousada Soliño (suplente), persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Secretaría:

José Carlos Fernández-Barja Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

María Diéguez Gómez (suplente), persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas.

– Vogais:

Ana Lestido Reboiras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Patricia García Antelo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Mª Begoña Mosteiro Blanco, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Guillermo Carlos Otero Piñeyro-Maseda, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia