Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30006

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

A base 13.6 da Orde do 19 de outubro de 2022, pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B), establece o seguinte:

«13.6 Imposibilidade de ingresar por máis dunha especialidade no mesmo corpo.

De acordo coa publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, aquelas persoas aspirantes que acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir da publicación provisional das persoas que ingresan, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal). De non facer opción entenderase que acceden pola última especialidade na que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.»

Así mesmo, na base 13.7 da dita orde establécese o seguinte:

«13.7. Publicación definitiva da lista de persoas propostas que superan o procedemento selectivo.

Rematado o prazo de renuncias previsto na subepígrafe anterior, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades e reservas.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao 31 de maio de 2023 dará lugar a que se declare aprobada a persoa que lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base. En ningún caso se declarará aprobada unha persoa que xa teña esa condición noutra especialidade do mesmo corpo.»

Publicada a puntuación provisional do concurso de méritos o día 25 de abril de 2023 e tendo en conta os trámites que é necesario realizar para finalizar este procedemento, cómpre modificar tanto o prazo establecido para formular as renuncias como as referencias á data do 31 de maio de 2023.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B)

Un. Modifícase a base 13.6, que queda redactada do seguinte xeito:

«13.6 Imposibilidade de ingresar por máis dunha especialidade no mesmo corpo.

De acordo coa publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, aquelas persoas aspirantes que acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas no prazo de tres (3) días hábiles, computados a partir da publicación provisional das persoas que ingresan na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal). De non facer opción, entenderase que acceden pola última especialidade en que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.»

Dous. Modifícase a base 13.7, que queda redactada do seguinte xeito:

«13.7. Publicación definitiva da lista de persoas propostas que superan o procedemento selectivo.

Rematado o prazo de renuncias previsto na subepígrafe anterior, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades e reservas.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que corresponda conforme os criterios establecidos nesta base. En ningún caso se declarará aprobada unha persoa que xa teña esa condición noutra especialidade do mesmo corpo.

Disposición derradeira primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades