Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30152

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO da Resolución do 3 de maio de 2023 pola que se convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

BDNS (Identif.): 693569.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas que teñan a condición de ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar o nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e a residencia en Galicia, polo menos, desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento. Posuír o título académico necesario ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar unha (1) bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na oficina da FGE en Bruxelas.

Terceiro. Bases reguladoras

Á bolsa regulada por esta resolución seranlle de aplicación as bases reguladoras recollidas como anexo I da Orde do 31 de xaneiro de 2022 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

Cuarto. Importe

O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:

– Retribución bruta (pagamento á persoa bolseira): 16.200,00 €.

– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento á persoa bolseira): 1.100,00 €.

– Seguridade Social: 645,48 €.

– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 91,70 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa