O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no primeiro cuadrimestre do ano 2023 e que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no primeiro cuadrimestre do ano 2023
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica (€) |
|
Convenio entre o Fondo Español de Garantía Agraria, O.A. (FEGA), o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) sobre o sistema informático Sistema de información contable do organismo pagador” (SICOP). |
A Amtega e o Fogga poñen ao dispor do FEGA o código fonte e documentación do núcleo común da aplicación da súa titularidade, denominada Sistema contable do organismo pagador (SICOP) denominado SICOP_COMUN, para a súa compartición e reutilización polos organismos pagadores no ámbito das comunidades autónomas do Estado español, como un módulo do SXA. O desenvolvemento deste sistema é cofinanciado polo fondo europeo Feader. |
4.4.2023 |
Sen achega económica |


