Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30741

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 15 de novembro de 2022 (BOE do 22 de decembro), para a provisión da praza número 22/042 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento de Psicoloxía desta universidade, a favor de Carlos Freire Rodríguez, con DNI número ***6326**, e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Freire Rodríguez profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento de Psicoloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de abril de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña