Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Monterrei (expediente IN407A 2023/073-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalaciós que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS, CTI, CT e RBT, Albarellos G. Civil (Monterrei).

Situación: lugar Albarellos, concello de Monterrei.

Características principais recollidas no proxecto:

• LMT aérea, a 20 kV, de 397 m de lonxitude, en condutor LA-56, con orixe no apoio proxectado núm. 48-5 da LMT VII810, de celosía metálica, do tipo C-14/2000 e remate no CT intemperie proxectado.

• CT intemperie proxectado, que se vai situar no apoio proxectado núm. 48-5-4-CT, de celosía metálica, do tipo C-12/2000, con transformador de 50 kVAs de potencia aparente e R/T 20.000/400 V.

• LMT subterránea, a 20 kV, de 795 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 mm2) AL, con orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. 48-8/1, de celosía metálica, do tipo C-14/2000, no cal se instala un interruptor telecontrolado, e remate no centro de transformación fin de liña rural proxectado.

• Centro de transformación fin de liña rural proxectado, manobra exterior, con transformador de 100 kVAs de potencia aparente e r/t 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 6 de febreiro de 2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios de las fincas que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 19 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2023/073-3.

Concello: Monterrei.

Denominación da instalación: LMTA, LMTS, CTI, CT e RBT, Albarellos G. Civil (Monterrei).

Nº de afección

Lugar

Tipo de terreo

Titular/es

Rerefencia catastral

Afección

Apoios

Voo

Número

Sup. (m2)

Lonx.

Sup. (m2)

4

Pilo

Matogueira

Luis Miguel Casanova Rodríguez

32051A038000780000MT

67,00

5

Pilo

Matogueira

Hdros. Felix Atanes Rodríguez

32051A038000770000ML

2,00

7

Ribela

Matogueira

Hdros. Nicolás Novoa Carballeda

32051A038000670000MW

48-5-2

2

60,00

868,00

8

Ribela

Matogueira

Hdros. Jesús Barreira Álvarez

32051A038004250000MQ

19,00

9

Ribela

Matogueira

Hdros. Jesús Barreira Álvarez

32051A038000630000MS

163,00

10

Ribela

Matogueira

Hdros. Josefa Barreira Álvarez

32051A038004290000MF

16,00

112,00

11

Ribela

Matogueira

Rafael Barreira Nieto

32051A038004280000MT

31,00

12

Ribela

Matogueira

Luis Miguel Casanova Rodríguez

32051A038000640000MZ

2,00

59,00

13

Ribela

Matogueira

Luis Miguel Casanova Rodríguez

32051A038002920000MH

26,00

440,00

14

Ribela

Matogueira

Manuel Couso Barreira

32051A038002930000MW

22,00

338,00

15

Ribela

Matogueira

Enrique Cao Pérez

32051A038002990000MP

7,00

360,00

16

Ribela

Matogueira

María Cristina Quintas Cardoso

32051A038003000000MP

4,00

57,00

17

Ribela

Matogueira

José Manuel Cao Sanmartín

32051A038003010000ML

32,00

18

Ribela

Matogueira

Delfín Fidalgo Fernández

32051A038003020000MT

15,00

19

Ribela

Matogueira

Rosalía Palomares Cao

32051A038003030000MF

9,00

20

Salgada

Matogueira

Hdros. María Linda Fernández Ramos

32051A038003740000MR

26,00

21

Salgada

Matogueira

Rosa Sierra Vázquez

32051A038003810000MJ

48-5-3

2

8,00

248,00