Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2023/058-1).

Expediente: IN407A 2023/058-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, SA.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-816, apoio 9TDXCDJT//84-A1.

Concello: Rianxo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PAD-816 autorizado no expediente IN407A 1997/357-1 (LMT, CT e RBT Ponte María Diz), de 177 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios núm. 84 (matrícula: 9TEVIEPT) metálico tipo celosía AM-AL-C-3000/12-B1-CAI-H35-CAI e núm. 84-A2 (matrícula: 9TCSFCW9) de formigón tipo AM-AL-H-11/1B-B1-CAI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15073A051004490000FG cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 84-A2, do apoio núm. 84-A1 (matrícula: 9TDXCDJT) de formigón tipo AM-H-11/1B-CR1-CAI(CS), polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/12-H35-CAIII no que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da liña PAD-816 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 73,1 e 103,9 metros de lonxitude, respectivamente.

– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS que corresponden ao treito da LMT PAD-816 obxecto da modificación, actualmente instalados no apoio núm. 84.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-816, apoio 9TDXCDJT//84-A1.

Concello: Rianxo.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

CMVMC Asados

(xestor: Consellería do Medio Rural, Servizo de Montes)

15073A051004490000FG

Polígono 51, parcela 449

Agro Laxe

Novo apoio núm. 84-A1

2

Rústico

Agrario

Piñeiral maderable