Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2023/061-1).

Expediente: IN407A 2023/061-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-804-apoio A1UA008T//D2-2.

Concello: Padrón.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña PAD-804 autorizado no expediente IN407A 2016/26-1, de 156,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº D2-1 (matrícula: A1U237AI) metálico tipo celosía FL-AM-C-3000/14-CR1-CAIII e nº D2-3 (matrícula: A1V6N5F0) de formigón tipo AM-AG-HV-3A/13-Lira-CAI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización sobre as parcelas con referencias catastrais 8324928NH2382S0001FD e 8324905NH2382S0001XD cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº D2-1, do apoio nº D2-2 (matrícula A1UA008T) de formigón tipo S-HV-630/13-B1-CSRI, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/14-H35-CA(CS) no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da liña PAD-804 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 96 e 60,5 metros de lonxitude, respectivamente.

– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS que corresponden ao treito da LMT PAD-804 que alimenta o CT Matanza-Stac (expediente IN407A 2006/533-1/matrícula: 15CTT2), actualmente instalados no apoio nº D2.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-804-apoio A1UA008T//D2-2.

Concello: Padrón.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Mariño Silva

8324928NH2382S0001FD

Polígono 83249, parcela 28

CM Olveira

Novo apoio nº D2-2 (½)

1

Rústico. Agrario.