Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30637

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

O artigo 89.c) do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da devandita lei, crea o distintivo de permanencia e, no seu artigo 93.1, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, ao persoal dos corpos de policía local cando cumpra 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán ser acreditadas polos concellos que corresponda.

Mediante esta resolución acórdase outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos corpos de policía local que, ademais de contar cos restantes requisitos, cumpriu 25 anos de permanencia nos corpos de policía local de Galicia.

De acordo co previsto no citado artigo 93.1 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar o distintivo de permanencia ao persoal das policías locais que se relaciona no anexo a esta resolución, por ter cumprido 25 anos de servizo nos corpos de policía local segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia

Provincia da Coruña.

– Concello de Arteixo.

Esmorís Molina, Pedro Antonio

Feijoo Palleiro, Daniel

Fernández Rumbo, Salvador

Lorenzo Arenal, Carlos

Pardo Leis, José Manuel

Sánchez Villaverde, Daniel

– Concello de Cambre:

Rodríguez Rey, José Francisco

– Concello de Ferrol:

Carballeira Río, María Isabel

Díaz Rey, Justo Daniel 

Fraguela Santos, Félix Alberto

Gómez Paz, Ángel Manuel

Lois Vilasuso, Senén

Pena Filgueiras, Arturo Antonio

Primoy Suárez, Javier

Puentes Couto, Javier

Quintana Cornide, Vicente

Provincia de Lugo

– Concello de Vilalba:

Gayoso Fernández, José María

Provincia de Pontevedra

– Concello de Cambados:

Otero Padín, Santiago

Prego Dasilva, Miguel Ángel