Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30635

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda a concesión de felicitacións públicas.

O artigo 89 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia, establece a posibilidade de premiar ou distinguir publicamente, ademais do persoal dos corpos de policía local, a todas aquelas persoas ou entidades públicas que destaquen pola súa conduta a prol das policías locais e das súas competencias.

O artigo 90 do citado Decreto 243/2008, do 16 de outubro, determina no seu punto cuarto que as felicitacións públicas se concederán a persoas alleas aos corpos de policías locais ou entidades públicas ou privadas que destaquen na promoción e no apoio á función da policía local.

O artigo 94, no seu ordinal primeiro, recolle que as felicitacións públicas se concederán de forma discrecional, mediante resolución do titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, a persoas alleas aos corpos de policías locais ou a entidades públicas ou privadas que desde a súa actividade profesional ou docente destaquen no estudo, na promoción, dignificación, colaboración e no apoio á función da policía local.

De acordo co anterior, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, como unidade directiva competente en materia de coordinación, tramitou as propostas para a concesión destas felicitacións das que emitiu informe favorable a Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia na reunión realizada o 11 de maio de 2023.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas polo artigo 94.1 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, e despois do informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia,

RESOLVO:

Distinguir a José Antonio Fernández López e a José González Cores cunha felicitación pública, pola súa actividade profesional a prol da coordinación das policías locais de Galicia, que contribúe ao estudo, á promoción, dignificación, colaboración e ao apoio á función da policía local.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior