Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30632

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 12 de maio de 2023 pola que se conceden distincións ao persoal dos corpos de policía local de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que os membros dos corpos de policía local de Galicia poden ser distinguidos ou recompensados de acordo co que se determine regulamentariamente.

De acordo con esta previsión, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve regulamentariamente a dita lei, establece no seu artigo 98 que a consellería competente en materia de seguridade concederá mediante orde a placa colectiva e a placa individual, así como a medalla ao mérito da policía local.

Tendo en conta o anterior, de conformidade co procedemento que establece o artigo 99 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, a unidade directiva competente en materia de coordinación tramitou as propostas para a concesión destas distincións que foron valoradas e sometidas a informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia na reunión realizada o 11 de maio de 2023.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas polo artigo 98 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, vista a proposta da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais e despois da valoración e informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 99.5 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Conceder a medalla ao mérito da policía local ás persoas que se inclúen no anexo desta orde.

2. Publicar esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO

1. Concesión da medalla ao mérito da policía local a Pablo Berges Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Vigo.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da medalla ao mérito da policía local, que foi obxecto de informe favorable da Comisión de Coordinación de Policías Locais na reunión do 11 de maio de 2023, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes resolveu conceder a medalla ao mérito da policía local a Pablo Berges Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Vigo, pola súa intervención nos feitos acaecidos o día 10 de febreiro de 2022, nas inmediacións da praia de Fuchiños, que poñen de manifesto calidades de valor e sacrificio que o fan sobresaír no cumprimento dos deberes ao seu cargo e cuxa actuación se cualifica como exemplar, ao destacar o seu compromiso de servizo público, calidade inherente a este ideal de servizo, predicable dun bo policía, que se encadra nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión desta distinción.

2. Concesión da medalla ao mérito da policía local a Daniel Rodríguez González, Antonio Pereira Nandín, Fernando Cruces González, Jesús Monzón Frasquet, Marta Montes Reboredo, Javier Sánchez Gómez e Ismael Fernández Portela, policías do corpo da Policía Local do Concello do Porriño.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da medalla ao mérito da policía local, que foi valorada e sometida a informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais na reunión do 11 de maio de 2023, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes resolveu conceder a medalla ao mérito da policía local a Daniel Rodríguez González, Antonio Pereira Nandín, Fernando Cruces González, Jesús Monzón Frasquet, Marta Montes Reboredo, Javier Sánchez Gómez e Ismael Fernández Portela, policías do corpo da Policía Local do Concello do Porriño, pola intervención policial levada a cabo o día 25 de xullo de 2022, en que se liberou a unha muller que estaba presuntamente detida ilegalmente. Os sete policías distinguidos manifestaron calidades de valor e sacrificio que os fan sobresaír no cumprimento dos deberes do seu cargo e cuxa actuación se cualifica como exemplar, ao destacar o seu compromiso de servizo público, calidade inherente a este ideal de servizo, predicable dun bo policía, que se encadra nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro , para a concesión da distinción.

De acordo con o previsto nos artigos 101 e 102 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, esta concesión acreditarase mediante o correspondente diploma e constará no rexistro de distincións e no Rexistro das Policías Locais de Galicia. Daráselle conta ao concello de pertenza para constancia no seu expediente persoal.