Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31098

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

ANUNCIO da publicación das listas definitivas de admitidos/as e composición dos membros do tribunal no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Mediante a Resolución do 26 de abril, do director xerente do CEIDA, aprobouse o seguinte con respecto ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na categoría de diplomado/a en Biblioteconomía do grupo II e nas categorías de administrativo/a e de monitor/a do grupo III, nesta entidade, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso:

1. Publicar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na páxina web www.ceida.org

2. O tribunal cualificador do procedemento estará constituído polos seguintes membros:

Presidencia:

Titular: Carlos Vales Vázquez ou persoa en quen delegue.

Secretaría:

Titular: Sergio París Gómez.

Suplente: Laura Calvo González.

Vogais:

Vogal 1:

Titular: Juan Carlos Barreiro González.

Suplente: Cristina Carrión Rodríguez.

Vogal 2:

Titular: Carlos Ignacio Aymerich Cano.

Suplente: Francisco Javier Sanz Larruga.

Vogal 3:

Titular: Manuel Ramón Lema Pombo.

Suplente: Mar Ponte Maestre.

3. O tribunal deberá estar constituído o día 25 de maio de 2023 e reunirse na sala de xuntas do Castelo de Santa Cruz ás 10.00 horas para realizar a avaliación de méritos da fase de concurso do procedemento selectivo.

Santa Cruz, Oleiros, 26 de abril de 2023

Carlos Vales Vázquez
Director xerente do Centro de Extensión Universitaria e
Divulgación Ambiental de Galicia