Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

Unha vez finalizado o proceso selectivo referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de administrativo da Administración xeral, publicada no BOP núm. 250, do 31 de outubro de 2022, e extracto no DOG núm. 213, do 9 de novembro de 2022, e no BOE núm. 280, do 22 de novembro de 2022, mediante o Acordo da Xunta de Goberno local de do 27.4.2023 efectuouse o nomeamento de funcionario de carreira deste Concello a favor de:

Posto

Denominación do posto

Nome, apelidos e DNI

01.01.00.05 

Administrativo de Administración xeral

Beatriz González Vecín ***3245**

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

San Cibrao das Viñas, 12 de maio de 2023

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde