Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31124

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2023 relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2023, pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 30 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 17 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 9.5 da dita orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, o 9 de maio de 2023 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de adxudicación do uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de maio de 2023, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de maio de 2023 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 9 de maio de 2023, ditada no procedemento BS304A,
relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro
da Orde do 30 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento
para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización
de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña
de verán 2023 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A)

Mediante a Orde do 30 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 17 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación que se recollen no artigo 8.

Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.

Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, segundo o disposto no artigo 9.5.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís, ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís, ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8.

Terceiro. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 30 de marzo de 2023.

A documentación indicada nos citados artigos deberá presentarse electronicamente e dirixirse ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 7, 12 e 14 da orde.

Se, transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos, non se cumpren as obrigas correspondentes, logo do trámite de audiencia da entidade interesada, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada, a través da oportuna resolución que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 30 de marzo de 2023 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 9 da Orde do 30.3.2023), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Procedemento BS304A

Entidades adxudicatarias:

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

2023/12

Asociación cultural Escola de Música de Rianxo

Rianxo (A Coruña)

A.X. Marina Española

26.6-28.6

90

2023/19

Asociación cultural, deportiva e xuvenil Acuxuve

Vedra ( A Coruña)

A.X. Marina Española

4-7.9

70

2023/11

Asociación cultural Xeración

Ferrol (A Coruña)

A.X. Marina Española

1-10.9

20

2023/24

Escola de Tempo Libre Arenaria

Padrón (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-2.9

34

2023/4

Concello de Negreira

Negreira (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

50

2023/13

Concello da Baña

A Baña (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

25

2023/22

Concello de Barbadás

Barbadás (Ourense)

C.X. Espiñeira

30.8-1.9

40

2023/2

Concello de Touro

Touro (A Coruña)

C.X. Espiñeira

26.8-4.9

30

2023/5

Concello de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas (Ourense)

A.X. Area

21-29.6

100

2023/15

Concello de Viana do Bolo

Viana do Bolo (Ourense)

C.X. A Devesa

26.8-1.9

80

2023/8

Concello da Estrada

A Estrada (Pontevedra)

C.X. A Devesa

26.8-4.9

40

2023/25

Federación Galega de Piragüismo Pontevedra

Pontevedra (Pontevedra)

C.X. Entrimo

26.8-4.9

46

2023/6

Asociación cultural e xuvenil Muíños

Boqueixón (A Coruña)

A.X. As Sinas

22-29.6

120

2023/3

Asociación solidaria en actividades de lecer e tempo libre Mar de Touro

Ribeira (A Coruña)

C.X. Pontemaril

26.8-31.8

59

2023/28

Organización Juvenil Española

A Coruña (A Coruña)

C.X. Illa de Ons

21.8-28.8

40

ANEXO II

Procedemento BS304A

Entidades non adxudicatarias:

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

2023/07

Asociación Cultural Os Tres Reinos

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/17

Asociación Banda de Música Cultural de Teo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/18

Concello de Boqueixón

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/20

Concello de Bergondo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/21

Urban Cross Culture

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/23

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2023/26

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.