Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31129

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023 pola que se modifica a distribución de importes, por tipoloxías de proxectos, en relación coa Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocaron, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).

Mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 13 de decembro de 2019, aprobáronse as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e publicáronse mediante a Resolución do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro). Mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 10 de marzo de 2021 modificáronse as citadas bases reguladoras (DOG núm. 53, do 18 de marzo).

As bases reguladoras sinaladas no parágrafo anterior estableceron as regras para a xestión das axudas correspondentes tanto á submedida 19.2 (apoio para a realización de operación conforme a estratexia de desenvolvemento local) como ás regras de xustificación correspondentes aos gastos da submedida 19.4 (custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial) da medida Leader.

En liña co sinalado nos parágrafos anteriores, publicouse a Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocaron, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D) (DOG núm. 247, do 29 de decembro).

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras anteriormente citadas e refírese unicamente ao importe dispoñible na submedida 19.2 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2023 e 2024.

A este respecto, cómpre sinalar que o artigo 16.1 das bases reguladoras polas que se rexe esta convocatoria dispón o seguinte:

«Dentro das dispoñibilidades orzamentarias globais para cada un dos GDR, correspondentes á submedida 19.2, que se establezan en cada convocatoria, corresponde a cada GDR solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa estratexia de desenvolvemento local, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos que se indican no parágrafo primeiro do número 1 deste artigo. As solicitudes de cada un dos GDR deberán remitirse a Agader durante os quince días naturais inmediatamente posteriores á data da publicación de cada unha das convocatorias».

Tendo en conta que rematou o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria 2023-2024 de axudas para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2, e coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 16.1 das bases reguladoras, procede unha redistribución dos créditos correspondentes ás anualidades 2023-2024, obxecto desta convocatoria, coa finalidade de dar cabida ao solicitado polos GDR.

En consecuencia, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 11 de xullo de 2013, que se publicou mediante a Resolución do 24 de xullo de 2017 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1

Redistribúese, nos importes que se indican a seguir, a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocaron, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D) (DOG núm. 247, do 29 de decembro).

En consecuencia,

1. As aplicacións e proxectos para a anualidade 2023 (con variacións e cadro final) pasan a ser as seguintes:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento inicial (GPT)

Variación

Orzamento final (GPT)

14.A1.712A.7600

2016 00001

764.221,70

-177.278,32

586.943,38

14.A1.712A.7700

2016 00001

1.986.976,42

203.422,80

2.190.399,22

14.A1.712A.7810

2016 00001

305.688,68

-26.144,48

279.544,20

Total

3.056.886,80

0,00

3.056.886,80

2. As aplicacións e proxectos para a anualidade 2024 (con variacións e cadro final) pasan a ser as seguintes:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento inicial (GPT)

Variación

Orzamento final (GPT)

14.A1.712A.7600

2016 00001

3.056.886,80

-653.693,98

2.403.192,82

14.A1.712A.7700

2016 00001

7.947.905,68

831.663,59

8.779.569,27

14.A1.712A.7810

2016 00001

1.222.754,72

-177.969,61

1.044.785,11

Total

12.227.547,20

0,00

12.227.547,20

Artigo 2

A redistribución de importes por tipoloxías de gasto non afecta o prazo de presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición derradeira

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural