Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso contencioso-administrativo 4085/2023, interposto contra a Resolución do 2 de febreiro de 2023, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda).

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo 4085/2023, formulado por Isabel Sineiro Daporta contra a Resolución da Consellería do Mar, do 2 de febreiro de 2023, sobre a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 8 de xullo de 2022, pola que se extingue a concesión administrativa do establecemento de cultivos mariños Gondar I.

En consecuencia, acórdase, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica