Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para cubrir unha praza de técnico/a, subgrupo A1, escala de Administración xeral, co fin de executar o programa temporal Proxecto Axenda urbana Lalín 2030: Área Económico-Financeira.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno local o día 4 de abril de 2023 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento interino, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, nunha (1) praza de técnico/a da Administración xeral, subgrupo A1, escala de Administración xeral, que permita o nomeamento interino con que levar a execución do programa temporal denominado Proxecto Axenda urbana Lalín 2030: Área Económico-Financeira.

As bases publicáronse no BOPPO número 82, do 28 de abril de 2023, e publicarase así mesmo un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 82, así como na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 28 de abril de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde