No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 77, do 3 de abril de 2023, publicouse a convocatoria e as bases reguladoras do Premio Otero Pedrayo 2023, que tramita esta deputación en colaboración coas restantes deputacións provinciais e coa Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 3 de xullo de 2023.
As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo https://cultura.deputacionlugo.gal
Lugo, 27 de abril de 2023
|
O presidente da Deputación Provincial de Lugo P.D. (Decreto do 26.7.2019) Pablo Rivera Capón Deputado delegado de Promoción Económica e Social |
José Antonio Mourelle Cillero Secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo |


