Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31351

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo.

No BOP de Ourense do día 9 de maio de 2023 publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo da RPT da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un posto de xefe/a do Servizo de Intervención (Área de Facenda-Servizo de Intervención).

– Un posto de xefe/a do Gabinete de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios (Área de Administración Xeral-Gabinete de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios).

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio da convocatoria, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es, na sección de ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, solicítase que se envíe copia da instancia ao enderezo electrónico: persoal@depourense.es

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da deputación provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da deputación provincial, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 15 de maio de 2023

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense