Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2023/070-1).

Expediente: IN407A 2023/070-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTC e RBTS lugar Aldea O Monte núm. 1.

Concello: Arteixo.

1. Características técnicas:

– Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña LAR-707 autorizada no expediente 27.210, de 320 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios núm. 37 (matrícula: A7T58V83) de formigón tipo AM-HP-500/14-Lira-CA e núm. 39 (matrícula: A7UBMSAL) de formigón tipo AM-2×HP-400/12-Lira-CA, consistente en:

• Substitución, respectando a súa actual localización no lugar de Fillazós, do apoio núm. 38 (matrícula: 9KG0DRQ1) de formigón tipo S-AL-HP-5000/14-Lira-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-3000/16-H35-CAIII, en que se proxecta a instalación dunha cruceta para derivación.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña LAR-707 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 167,7 e 152,3 metros de lonxitude, respectivamente.

– Instalación de LMT aérea a 15 kV, de 353 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre cinco (5) apoios, con orixe no novo apoio núm. 38 proxectado e remate no novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H35-CAIII, no cal se proxecta a instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas. Os apoios proxectados desta nova liña, ademais do núm. 38 (apoio 0) e do apoio (PA/S) (apoio 4) xa citados, son metálicos de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CAIII (apoio 1), en que se instalarán elementos de protección e manobra tipo XS, AM-C-2000/14-H35-CAIII (apoio 2) e AM-C-1000/14-H35-CAIII (apoio 3).

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se instalarán na parcela con referencia catastral 15005A039002790000PF, sita no lugar de Aldea O Monte (concello de Arteixo).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 224 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio 4 da nova liña aérea e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Anide (expedientes 5.998 e IN407A 2016/2517-1/matrícula: 15CW22), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 30 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente. Atenderase a petición dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica mediante a instalación dunha acometida soterrada de 11 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×50/54,6 mm² Al/Alm), tras a desmontaxe da actual en condutor pousado tipo RZ 2×25 mm² Al.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 28 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CTC e RBTS lugar Aldea O Monte núm. 1

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Arteixo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Mercedes Sánchez Borrazás

Polígono 36, parcela 253

Fillazós

Novo apoio núm. 38 (apoio 0 da nova LMT aérea)

2

36

568

Rústico. Agrario

2

Frieira, Gestión de Inversiones, S.L.

Polígono 36, parcela 260

Chousa Grande

Apoio 1 da nova LMT aérea

2

98

1.564

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira

3

Descoñecido

Polígono 39, parcela 150

Xesta

36

569

Rústico. Agrario.

Matogueira

4

María del Carmen

Fernández-Gago Puga

Polígono 39, parcela 261

Mato

Apoios 2 e 3 (½) da nova LMT aérea

3

76

1.169

Rústico. Agrario

5

Bernardo Castro Canedo

Polígono 39, parcela 284

Xesta

Apoios 3 (½) e 4 da nova LMT aérea

3

69

1.017

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

6

Bernardo Castro Canedo

Polígono 39, parcela 279

Bernal

CT e acceso

24,19

Rústico. Agrario. Piñeiral madeireiro