Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Brión (expediente IN407A 2022/380-1).

Expediente: IN407A 2022/380-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación TA2-803 e CT 15AJ75-Salaño.

Concello: Brión.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Salaño (expedientes 23.964 e IN407A 2016/1349-1/matrícula: 15AJ75) de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, instalado no apoio número D51-101-CT (matrícula: 9V3BGM5V), de formigón tipo pórtico, pertencente á arquitectura da liña TA2-803, sito no lugar de Salaño Grande (concello de Brión).

– A anterior operación implicará a desmontaxe do apoio número D51-101-CT, que será substituído sen alterar a traza da LMT TA2-803 polo novo apoio metálico tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS) en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas e de elementos de seccionamento tipo XS.

– En substitución do CT tipo intemperie Salaño que se vai desmontar proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 0788710NH2408N0001AA, sita no lugar de Salaño Grande (concello de Brión).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 25 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio metálico que substituirá o apoio nº D51-101-CT e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Tendido de 71 metros de condutor tipo LA-56 no van comprendido entre o novo apoio metálico que substituirá o apoio nº D51-101-CT e o apoio nº D51-102 (matrícula 9V4ESBPU) de formigón tipo AC-HV-2B/14-Lira-CA existente.

– Instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 15 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no novo apoio de formigón tipo HV-630/11 en que se realizará a conexión coa rede aérea de baixa tensión existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación TA2-803 e CT 15AJ75-Salaño.

Concello: Brión.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

0788710NH2408N0001AA

Salaño Grande

Novo apoio/novo

CT e acceso

23

10

22

Urbano.

Solo sen edificar