Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2023/08-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto «adecuación CT Albaredo-27C508 (Baleira)», segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/baleira

Lugo, 5 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación CT Albaredo-27C508

Concello: Baleira.

Expediente: IN407A 2023-08-2.

Declaración de utilidade pública.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m2)

Voo
(long.)

Voo
(sup. m2)

1

Xunta Veciñal de Albaredo

89

126

Cantrocal

Monte alto

3

42

2

Xunta Veciñal de Albaredo

89

135

Pena Chá

Monte alto

70-77-CT

1

10

5

86