Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.
O prazo do que dispoñen os interesados do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
Lugo, 4 de maio de 2023
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
|
PR204A2023/1616-2 |
X6957894A |
|
PR204A2023/1657-2 |
76623151P |
|
PR204A2023/1711-2 |
30257276V |
|
PR204A2023/1713-2 |
34265321J |
|
PR204A2023/1756-2 |
33547372D |
|
PR204A2023/1837-2 |
33995582H |


