Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31783

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

Durante o mes de xullo de 2022 unha vaga de incendios forestais afectou o territorio da nosa comunidade autónoma, especialmente en zonas das provincias de Lugo e Ourense, nunha situación de extrema dificultade derivada da combinación de altas temperaturas, unha seca prolongada e un episodio meteorolóxico extraordinario denominado sistema convectivo de mesoscala. Esta vaga de incendios causou graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada, e entre eles os soutos de castiñeiros.

Co fin de adoptar as medidas oportunas para a reparación dos danos producidos, logo do Informe da Axencia Galega de Emerxencias, do 20 de xullo de 2022, no que se declara como emerxencia de natureza excepcional o episodio de incendios que asolaron o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o mes de xullo de 2022, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

No devandito decreto establécense unha serie de axudas para a reparación dos danos orixinados e, na súa disposición derradeira primeira, facúltanse os distintos titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, diten as disposicións necesarias para o desenvolvemento do decreto, adoptando as medidas necesarias para a súa aplicación. No caso das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras estas facultades corresponden á Consellería do Medio Rural.

Mediante a Orde da Consellería do Medio Rural do 28 de xullo de 2022 desenvólvese o Decreto 130/2022 no que se refire ás axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, sen prexuízo de que en posteriores fases da rexeneración das áreas forestais se poidan establecer novas convocatorias, co fin de reparar os danos provocados polos incendios. Neste contexto desenvólvese esta convocatoria co obxecto de regular as axudas por danos nos soutos de castiñeiros.

O castiñeiro está considerada unha das árbores cunha maior variedade de aplicacións e utilidades nos ámbitos rurais, sendo un recurso de grande relevancia desde o punto de vista da alimentación (humana, de animais domésticos ou fauna silvestre), como tamén polo seu valor para usos madeireiros.

Na actualidade Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castañas de España, por diante doutras comunidades como Castela e León, Andalucía ou Extremadura. De feito, Galicia absorbe máis da metade da produción de castañas de España e unha porcentaxe similar das comercializadoras e industrias de primeira e segunda transformación vinculadas a este aproveitamento forestal.

A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «cara a neutralidade carbónica», aprobado polo Decreto 140/2021, estrutúrase en distintos eixos estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega. Concretamente no eixe IV 1.2 fai referencia ao Programa Estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña.

Os indicadores de seguimento do citado eixe son:

• Elaboración do Plan estratéxico do castaño e produción de castaña en Galicia.

• Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación.

• Creación de novas superficies de soutos para a produción principal de castaña.

• A creación de novas superficies de soutos para a produción principal de madeira.

O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña foi presentado no Consello da Xunta de Galicia do 25 de maio de 2022; cumprindo así o indicador de seguimento da primeira medida recollida no eixe IV 1.2 do Plan forestal de Galicia. Este programa establece unha diagnose da situación actual dos castiñeiros en Galicia como base para programar 36 actuacións integradas en 5 eixes de intervención.

As axudas contempladas nesta orde contribúen a acadar o obxectivo-Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación-establecidos no eixo IV do Plan Forestal de Galicia (2021-2040) referente ao Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña.

Así mesmo, tendo en conta o obxecto e finalidade da actuación subvencionable, no presente caso, concorren razóns de interese social e económico que xustifican recorrer á excepción prevista no artigo 19.2 en relación co artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que se excepciona do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúna os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Por primeira vez a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal integra na xestión da orde de axudas as entidades colaboradoras, que son aquelas que, actuando en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaboran na execución e xestión da subvención sin que se produza a previa entrega e distribución de fondos recibidos, de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Con esta medida preténdese reducir e facilitar a carga administrativa dos titulares dos soutos danados polos incendios de 2022.

A experiencia na xestión das axudas acadada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal xustifica que se inclúa como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes que non están obrigadas polas disposicións lexislativas ao emprego de medios electrónicos, xa que se considerou acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Así mesmo, de acordo coa experiencia de convocatorias de axudas anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na maioría dos casos as persoas físicas son asesoradas por gabinetes técnicos que son os que, frecuentemente, formalizan a solicitude de axuda. Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

Por todo o anterior, e polos bos resultados de xestión nas convocatorias anteriores, nesta convocatoria a tramitación electrónica é obrigatoria tamén para as persoas físicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022; previstas no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 e convocar para o ano 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; con código de procedemento MR616E.

Tamén é obxecto desta orde regular o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa execución e xestión e convocar a súa elección en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, con código de procedemento MR616D.

Artigo 2. Financiamento

1. As axudas reguladas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2023 e 2024, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0 CP 2023 00173 cun importe total de 500.000 que se distribúen como segue:

a) Liña I-S: 300.000 €, 30.000 euros para o ano 2023 e 270.000 euros para o ano 2024.

b) Liña II-S: 100.000 €, 10.000 euros para o ano 2023 e 90.000 euros para o ano 2024.

c) Liña III-S: 100.000 €, 10.000 euros para o ano 2023 e 90.000 euros para o ano 2024.

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente procederá a publicar esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Igualmente, de existiren remanentes nalgunha liña de axuda desta orde, poderanse destinar a incrementar o crédito da outra cuxo crédito se esgotase.

4. No caso de que o importe das axudas que se van conceder sexa superior ao crédito consignado para cada liña, repartirase o importe dispoñible proporcionalmente entre todos os beneficiarios.

Artigo 3. Contía e compatibilidade da axuda

1. A contía da axuda poderá ser de ata o 100 % do gasto subvencionable cos límites máximos recollido no artigo 17.

2. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarios os afectados.

3. Con todo, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta orde concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou, no seu caso, da contía ou porcentaxe deste establecidos nesta orde.

En todo caso, o beneficiario da axuda cederá á Administración autonómica todas as accións de que dispoña para a reclamación das cantidades achegadas por esta ás persoas causantes do sinistro, sen prexuízo do dereito dos beneficiarios para reclamar polos danos e perdas sufridos que non sexan obxecto da axuda ou que excedan desta.

CAPÍTULO II

Bases para a selección de entidades colaboradoras que participan na xestión desta orde e convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MR616D)

Artigo 4. Requisitos e condicións de solvencia

1. Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica e os empresarios individuais, e que ambos estean inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (en adiante Resfor), regulado polo Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

Así, poderán ser entidades colaboradoras todos as empresas do sector forestal inscritas no Resfor que se dediquen de forma total ou parcial as actividades recollidas na división I do rexistro.

Para ser entidade colaboradora é necesario que posúa solvencia económica e financeira, así como solvencia técnica e profesional. Para lograr a solvencia técnica, as entidades colaboradoras deberán dispoñer dos medios tecnolóxicos precisos que garanten o acceso e utilización de medios electrónicos empregados para as comunicacións coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Ademais, disporán da maquinaria, material y equipo técnico imprescindible para realizar as actuacións subvencionables.

2. Ademais, para adquirir a condición de entidade colaboradora é requisito indispensable formalizar o convenio de colaboración, segundo o modelo que figura no anexo XIII desta orde, no que se regulan as condicións e obrigas asumidas polas entidades colaboradoras.

3. As entidades colaboradoras deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades colaboradoras non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e na execución dos traballos subvencionados.

Artigo 5. Obrigas das entidades colaboradoras

Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1. Realizar ante a Consellería de Medio Rural todos os trámites, regulados nesta orde ou nas normas xerais de procedemento administrativo, necesarios para a tramitación administrativa da solicitude de axuda de recuperación de soutos danados polos incendios de xullo de 2022, en representación da persoa interesada. En particular, cubrir e presentar o formulario de solicitude de axuda xunto co documento de autorización da representación do interesado pola entidade colaboradora e a restante documentación complementaria indicada no articulado da orde.

2. Realizar os traballos de campo e obras necesarios para a execución das accións subvencionables das que é beneficiaria a persoa interesada, tanto da liña I-S como da liña II-S e/ou liña III-S. En todo caso, realizaranse de acordo coas condicións normais de mercado e en ningún caso os custos de adquisición dos gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor do mercado segundo o establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Presentar a notificación do remate dos traballos xunto coa documentación xustificativa dos traballos subvencionados regulado no articulado da orde.

4. Desagregar na factura os traballos realizados, os custos da actuación que son cubertos pola subvención e, de ser o caso, os que ten que ser custeados polo beneficiario.

5. Exhibir na sede da empresa forestal e na súa web durante a vixencia do convenio a información de que é unha entidade colaboradora para a xestión das axudas convocadas conforme a esta orde.

6. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

7. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

8. Actuar en nome e por conta da Consellería do Medio Rural para todos os efectos relacionados coa subvención, e colaborar na xestión da subvención e na execución dos traballos derivados das actuacións subvencionables.

9. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

10. Deixar constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a adecuada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo o disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento da convocatoria.

Artigo 6. Forma, lugar e prazo para presentar as solicitudes de adhesión

1. As solicitudes de adhesión (código de procedemento MR616D) serán presentadas pola entidade colaboradora obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-solicitude de adhesión) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismo de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Na solicitude de adhesión como entidade colaboradora, que figura como anexo I desta orde, a persoa solicitante declarará o seguinte:

a) Que coñece o contido das bases e do modelo de convenio e que cumpre cos requisitos establecidos neles.

b) Que é unha empresa do sector forestal inscrita no Resfor.

c) Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 4 da orde.

d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

i) Que se compromete a:

1º. Comunicar calquera variación que poida acontecer nos datos recolleitos nos documentos achegados.

2º. Realizar todos os trámites, regulados nesta orde ou nas normas xerais de procedemento administrativo, necesarios para a tramitación administrativa da solicitude de axuda en representación da persoa interesada.

3º. Desagregar na factura dos traballos realizados, os custos da actuación que son cubertos pola subvención e, de ser o caso, os que teñen que ser costeados pola persoa beneficiaria.

4º. Facilitarlle á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal canta información e documentación precise para realizar as comprobacións oportunas.

5º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento da orde e execución dos traballos.

6º. Realizar os traballos de campo e obras necesarios para a execución das accións subvencionables das que é beneficiaria a persoa interesada, tanto da liña I-S como da liña II-S e/ou liña III-S.

j) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3. O prazo de presentación da solicitude de adhesión das entidades colaboradoras será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. A entidade colaboradora deberá presentar xunto coa solicitude de adhesión (anexo I) a documentación que acredite a representación con que actúa.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

O representante da entidade colaboradora responsabilizarase da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable de procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade colaboradora ou persoa interesada debe indicar en que momento a ante que órgano administrativo presentou a persoa interesada os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 8. Comprobación de datos das entidades colaboradoras

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada e opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

f) NIF da entidade solicitante.

g) Inscrición no Resfor.

h) Estar inhabilitada para recibir subvencións públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderánselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar tras a presentación da solicitude de adhesión deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 10. Instrución e resolución do procedemento de adhesión

1. As solicitudes de adhesión irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situado o souto que sufrise os danos.

2. As solicitudes de adhesión presentadas xunto coa documentación complementaria revisarase e codificaranse nos Servizo de Montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante Servizos de Montes provinciais). De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase á entidade colaboradora que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Igual requirimento efectuarán os Servizos de Montes provinciais no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.

Nestes requirimentos indicarase ademais que, se non son atendidos, terase por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez revisadas as solicitudes polos Servizos de Montes provinciais, a persoa titular da Xefatura Territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes de adhesión que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren, indicando a causa de incumprimento, e remitirá a proposta á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

4. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a resolución de adhesión como entidade colaboradora para a xestión desta orde de axuda.

Posteriormente, as entidades colaboradoras con resolución de adhesión favorable asinarán coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Rural, o convenio de colaboración para a xestión e execución de subvencións para a recuperación dos soutos danados polos incendios de xullo de 2022 (anexo XIII-convenio de colaboración).

5. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de 15 días hábiles desde que finalice o prazo de presentación da solicitude de adhesión. Segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia o vencemento do prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima as persoas interesadas para entender desestimada por silencio administrativo a súa solicitude de adhesión.

6. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, ante o mesmo órgano, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución ou desde o día en que se produza o acto presunto. Alternativamente, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución ou desde o día en que se produza o acto presunto.

Artigo 11. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas ou entidade colaboradora avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Publicación da listaxe de entidades colaboradoras adheridas

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal publicará na páxina web da Consellería do Medio Rural a listaxe de entidades colaboradoras adheridas unha vez que finalice o prazo de resolución das solicitude de adhesión.

CAPÍTULO III

Bases que regulan as axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022 e convocar para o ano 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva; con código de procedemento MR616E.

Artigo 13. Ámbito aplicación

1. O ámbito territorial das axudas será o da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022; con exclusión de:

a) Os bosques ou outros terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en adiante terreo), que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou entidades locais.

b) Terreos propiedade da Coroa.

c) Terreos que pertenzan a empresas públicas.

d) Terreos propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Terreos que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores e as súas accións foran obrigadas para o cumprimento dos ditos compromisos.

f) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa

g) Os terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, excepto nos casos de terreos que inclúan o tipo de hábitat prioritario Bosques de Castanea sativa, co código 9260.

h) Os terreos onde o Plan xeral de ordenación municipal ou no seu defecto no plan básico autonómico de Galicia (Decreto 83/2018, do 26 de xullo, DOG nº 162, do 27 de agosto) estableza unha clasificación do solo no que se vaia a actuar que non permita as actuacións polas que se solicita axuda.

g) Os soutos que teñan unha densidade inferior a 16 pés por hectárea.

2. Non obstante o establecido no punto anterior en relación cos montes propiedade do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

3. Os montes consorciados ou conveniados coa Administración non poderán solicitar as axudas contempladas nesta orde, agás que na data que remate do prazo de solicitude da axuda teñan solicitado a rescisión dos devanditos consorcios ou convenios.

4. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real Decreto 1047/2022, de 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común.

Artigo 14. Réxime xurídico

As axudas previstas nesta orde regularanse polo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

Artigo 15. Liñas de axuda

1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Axuda para a corta, recollida e estelado ou retirada de pés de árbores danados polos incendios, roza do souto e a plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados (liña I-S).

b) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou nos cerramentos dos soutos (liña II-S).

A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S e, unicamente, está dirixida ás persoas beneficiarias sinalados no artigo 16.4.

c) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña (liña III-S). A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S.

2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado; segundo o establecido no artigo 50 de réximes de axudas destinadas a reparar os prexuízos causados por incendios de orixe natural.

Artigo 16. Beneficiarios e requisitos

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares, arrendatarios ou que teñan un dereito de explotación e/ou xestión dos soutos, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as Sociedades de fomento forestal (Sofor) que estean inscritas no Rexistro de agrupacións forestais de xestión conxunta ou no Rexistro das Sofor, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada.

Tamén serán persoas beneficiarias aquelas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldeas modelo resulten seleccionadas, segundo o establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Tanto os polígonos agroforestais como as aldeas modelo deberán estar rexistrados, respectivamente, no Rexistro Público de Polígonos Agroforestais ou no Rexistro de Aldeas Modelo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).

2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as persoas beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. No caso das comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.

4. No caso de danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou cerramentos dos soutos (liña II-S), as persoas beneficiarias só poderán ser asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, comunidade de montes veciñais e man común, Sofor, axentes promotores produtivos adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada e outras persoas xurídicas.

Artigo 17. Conceptos subvencionables

1. Será subvencionable a reparación dos danos causados polos incendios forestais de xullo de 2022 nos soutos de titularidade privada, nos seguintes investimentos:

a) Liña I-S: os gastos de corta (corta polo pé, derramado e tronzado), a recollida e estelado ou retirada da madeira de pés de árbores danados de diámetro normal superior a 15 cm, os gastos de rozas e trituración de restos dos soutos afectados polos incendios e os traballos de plantación de castiñeiros que deben substituír os danados ou que completen a densidade inicial do souto, sen aumentar o seu perímetro.

As plantas de castiñeiro para froito que se empreguen deberán proceder de produtores dados de alta no Rexistro de Operadores Profesionais, en diante RPVEG (Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que que se establecen e regulan o Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura). E deberan estalo, en concreto, para o grupo de vexetais que figura no anexo I do citado real decreto como 1.F Outras froiteiras con regulamento técnico, grupo no que figura o Castanea sativa Mill.

Ao tempo, os produtores de planta de castiñeiro para froito deberán estar ao disposto no regulamento técnico aludido (Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras e modificacións posteriores), e ao resto da normativa relacionada tanto na produción de materiais vexetais de reprodución, como na sanidade vexetal en xeral.

En cada superficie obxecto de actuación non se poderán empregar máis de dúas variedades das recollidas no anexo X (limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos), incluídas as variedades polinizadoras.

A planificación da plantación deberá axustarse ás distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e as súas modificacións, e que se concretan no artigo 68 e anexo II da lei.

No caso de realizar solicitude de corta e retirada da madeira de pés de árbores danados de diámetro normal superior a 15 cm, antes da inspección previa, débense sinalar os pés de forma inequívoca mediante unha marca visible seguindo a circunferencia do tronco a unha altura de 130 cm desde o chan.

O importe máximo subvencionable para esta liña de axuda é de 5.500 euros por hectárea de actuación, repartido como segue: ata 3.500 euros para plantación de novos pés, ata 2.000 euros para corta e retirada de pés danados e para roza e trituración de restos; segundo os importe do anexo IX (importe máximo dos investimentos subvencionables). Por beneficiario e para esta liña de axudas establécese un límite de 20.000 euros.

b) Liña II-S: reparación de pistas forestais estremeiras ou interiores dos soutos danados e/ou os seus cerramentos (cancelas, colocación de postes, malla ou arame, pasos de gando).

O importe máximo subvencionable desta liña de axuda é de 2.000 euros por hectárea de actuación e restaurada pola liña I-S desta orde; segundo os importe dos anexo IX. Por beneficiario e para esta liña de axudas establécese un límite de 15.000 euros.

En todos os casos o peche deberá garantir a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida nesta liña, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionados sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

c) Liña III-S: os gastos de reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña, cun límite máximo por beneficiario e para esta liña de axudas de 30.000 euros.

Con anterioridade á realización das actuacións de reparación dos danos no equipamentos inmobiliarios auxiliares o beneficiario deberá contar con todas as autorizacións e/ou permisos regulados na lexislación sectorial distinta da forestal.

Para a xustificación desta liña de axudas o beneficiario ou entidade colaboradora deberá entregar os xustificantes de gastos en que apareza desagregado os custos unitarios de unidades de obra, os distintos materiais empregados e o seu prezo unitario axustados, en todo caso, aos prezos de mercado. A Administración concedente poderá comprobar o valor real de mercado dos gastos subvencionable por algún dos medios establecido no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os importes máximos subvencionables previstos no número anterior están especificados sen IVE, sen prexuízo do seu posible carácter subvencionable, de acordo co previsto nesta orde.

Artigo 18. Cálculo das axudas

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

En ningún caso, o custo de adquisición poderá ser superior ao valor do mercado nin o importe da subvención superar o valor das actuación subvencionables.

2. As axudas calcularanse tomando como referencia o importe dos gastos subvencionables documentados segundo o establecido no artigo 20.1 a3), ao cal se lle aplicará, de ser o caso, o límite máximo establecido para cada tipo de investimento segundo o establecido no artigo 17 e no anexo IX desta orde.

3. A determinación dos gastos subvencionables axustarase ao disposto no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O IVE será subvencionable se concorren as circunstancias previstas no artigo 29.8 da dita lei.

Artigo 19. Solicitudes

1. A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (código de procedemento MR616E) realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos directamente pola persoa interesada ou a través dalgunha das entidade colaboradora adherida que figuran na listaxe que se publique na páxina web da Consellería do Medio Rural. Segundo sexa o caso:

a) Se a solicitude a realiza a persoa interesada: presentará a solicitude de axuda a través do formulario normalizado dispoñible anexo II (solicitude de axuda) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Cada solicitante debe presentar unha petición por cada concello no que teña parcelas de actuación.

b) Se a solicitude a realiza unha entidade colaboradora: presentará, en representación do interesado, a solicitude de axuda a través do formulario normalizado dispoñible anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Ademais, xunto a solicitude de axuda anexo II debe presentarse o documento de autorización da representación do interesado pola entidade colaboradora conforme o anexo III (autorización para a representación pola entidade colaboradora).

A entidade colaboradora debe presentar unha petición por cada concello no que a persoa interesada teña parcelas de actuación.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das solicitudes se presenta presencialmente, o interesado será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situado o souto que sufrise danos.

3. Farase constar na solicitude de axuda (anexo II) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura na dirección electrónica http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

Artigo 20. Documentación complementaria

1. O solicitante (persoa interesada ou entidade colaboradora) deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) Acreditar a representación mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia, de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de que a persoa interesada actúe por medio de representante.

a.2) No caso de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado da Axencia Tributaria relativo á situación da persoa ou entidade solicitante con respecto ao IVE.

a.3) Acreditar a titularidade do souto por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou no se defecto mediante declaración xurada. No caso de non ser titular do souto acreditar o arrendamento ou dereito de explotación e/ou xestión do souto por calquera documento admisible en dereito.

a.4) Xustificar os danos polos que se solicita axuda, segundo o caso, debe presentar:

1. No caso de que a solicitude a presente directamente a persoa interesada:

• Documento descritivos das actuacións polos cales se solicita axuda na que deberá constar a previsión de gastos e/ou investimentos para os que se solicita axuda segundo o anexo VI (documento descritivo das actuacións).

• No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 40.000 euros, sen IVE, debe presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores nas que figurarán detalladas as actuacións que hai que realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria.

Non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

Así mesmo, as persoas físicas ou xurídicas responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

2. No caso de que a solicitude se presenta a través dunha entidade colaboradora:

• Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do SIXPAC respecto do cal se toman os datos.

• Información vectorial en formato Shapefile y csv; tendo a táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto segundo os criterios establecidos no anexo XII (instrucións da remisión da información soporte dixital e vectorial).

• Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita axuda na que deberá constar a previsión de gastos e/ou investimentos.

a.4) Autorización para a representación pola entidade colaboradora (anexo III) no caso de que a solicitude se presente a través dunha entidade colaboradora.

b) Documentación específica, no caso de que a persoa interesada sexa:

b.1) Unha asociación ou agrupación formalmente constituídas e inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentará o anexo IV (acordo de cesión na agrupación de persoas propietarias particulares formalmente constituída) ou acordo de cesión asinado polos socios que podan ser beneficiarios da axuda.

b.2) Un pro indiviso, un pro indiviso legalmente constituídos e montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens presentarán o anexo V (acordo de compromisos e obrigas establecidas na orde) ou acordo de compromisos e obrigas por todos os seus compoñentes e a acreditación da persoa física que as representa.

c) Certificados, no caso de que a persoa interesada sexa:

c.1) Unha CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo/pola secretario/a, co visto e prace do/da presidente/a, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) Unha cooperativa agraria: certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo VII (certificado de acordo de solicitude de subvención) cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, axentes produtores produtivos recoñecidos e persoas xurídicas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a aldeas modelo foran seleccionadas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio): anexo VII cuberto. Este derradeiro documento, non será preciso achegalo no caso de entidades recoñecidas ou propostas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio, cando se trate de persoas físicas e non xurídicas.

d) Autorizacións e informes:

d.1) Autorizacións/informes dos órganos competentes por razón da materia ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes presentadas perante os órganos competentes se a superficie de actuación está afectada ou comprende:

a) Zona incluída na Rede Natura 2000.

b) Zona de protección lateral do Camiño de Santiago.

c) Afección polo inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

d) Outras afeccións segundo a lexislación sectorial distinta da forestal: habitat do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou na Rede galega de espazos protexidos, afección ribeira (zona policía 5-100 m) de Augas de Galicia, afección ribeira (zona policía 5-100 m) da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, afección ribeira (zona policía 5-100 m) Confederación Hidrográfica do Cantábrico, afección ribeira (zona policía 5-100 m) Confederación Hidrográfica do Douro, afección en áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) e/ou lugares de especial interese paisaxístico (LEIP), afección zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, afección zonas de protección de estradas autonómicas, afección zonas de protección de estradas provinciais ou outras.

No caso de que a dita autorización/informe xa conste en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda. No caso de que algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

d.2) Informe do concello respecto da non titularidade municipal da pista forestal obxecto de axuda (só para a liña II-S).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade colaboradora ou persoa interesada debe indicar en que momento a ante que órgano administrativo presentou a persoa interesada os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo dos documentos achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde 40 días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que presente a solicitude (entidade colaboradora ou persoa interesada, segundo sexa o caso) será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 22. Comprobación de datos das persoas interesadas

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.

g) Estar inhabilitada para recibir subvencións públicas.

h) Consulta de concesión de subvencións e axudas da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 23. Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a persoa interesada ou representante deban realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 24. Tramitación e resolución das axudas

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os Servizos de Montes provinciais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos Servizos de Montes provinciais. Estes examinarán as solicitudes presentadas e requiriran o que presente a solicitude (entidade colaboradora ou persoa interesada, segundo o caso) que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fixera, se terá por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes polos Servizos de Montes provinciais, a persoa titular da Xefatura Territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren, indicando a causa de incumprimento, e remitirá a proposta á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

4. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a correspondente resolución de concesión da axuda e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nestas bases, no prazo de cinco meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

5. De ser o caso, os expedientes aprobados que non teñan a autorización ou informe sectorial de afeccións distinta da forestal daráselle un prazo de 3 meses, contados desde a resolución de aprobación, para a súa presentación. No caso de que a autorización ou informe sexa desfavorable ou non se presente, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

Artigo 25. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas ou entidade colaboradora avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 26. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto nesta orde.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se non for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 27. Inspección previa

Persoal funcionario da Consellería do Medio Rural realizará unha inspección previa para comprobar o estado e dimensións dos pés queimados que se van retirar e que estean sinalados de forma inequívoca pola persoa solicitante (mediante unha marca visible seguindo a circunferencia do tronco a unha altura de 130 cm desde o chan), as zonas de roza, as zonas de plantación de pés novos en substitución dos pes retirados e/ou os que completen o perímetro do souto e das infraestruturas que figuren na solicitude da axuda.

Asemade, para a liña III-S realizarase unha reportaxe fotográfica do estado dos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña obxecto de solicitude de axuda.

Artigo 28. Xustificación dos traballos subvencionables

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 31 de xullo de 2024.

Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda da metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

2. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto (factura) desde a data de inspección previa e, como límite, na data de xustificación das axudas. No caso de que a persoa interesada realice directamente a solicitude tamén ten que xustificar o pagamento (xustificante de pagamento) do gasto.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos, a entidade colaboradora ou a persoa beneficiaria deberá achegar o anexo VIII (solicitude de pagamento de axuda) e a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos como na resolución de aprobación.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

• Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión.

• Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo IX.

c) Se a axuda é xestionada directamente pola persoa interesada, o beneficiario debe presentar o xustificante de gasto (facturas) e pagamento que deberán cumprir os requisitos indicados no anexo XI (instrución para a presentación dos xustificantes de gasto das actuacións subvencionables).

d) Se a axuda é xestionada e executada a través dunha entidade colaboradora, esta debe presentar a correspondente factura que deberá estar asinada pola entidade colaboradora e pola persoa beneficiaria da axuda e debe cumprir os requisitos indicados no anexo XI.

Deberá xustificarse mediante os documentos previstos no anexo XI, o pagamento da parte non subvencionable do investimento, en caso de existir esta, así como o imposto sobre o valor engadido, no caso de que este non sexa un gasto subvencionable.

No caso de que tras a comprobación final efectuada pola Administración se detectase que a contía subvencionable é inferior á previamente aceptada na resolución de concesión da axuda, deberá xustificarse o pagamento da contía minorada, así como o IVE correspondente á dita contía.

e) Para a xustificación da liña III-S a persoa beneficiaria ou entidade colaboradora deberá entregar os xustificantes de gastos no que apareza desagregado os custos unitarios de unidades de obra, os distintos materiais empregados e o seu prezo unitario axustados, en todo caso, aos prezos de mercado.

f) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda (cadro de declaración de axudas do anexo VIII).

Artigo 29. Certificación dos traballos

1. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final in situ realizada por persoal funcionario da Consellería do Medio Rural.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 30. Pagamento das axudas

O importe que hai que pagar será o resultado da diferencia entre o indicado na resolución de concesión e as modificacións á baixa resultantes da certificación final in situ, de ser o caso.

Se a solicitude se tramita a través dunha entidade colaboradora, o pagamento realizarase directamente a entidade colaboradora adherida na conta indicada para este efecto na solicitude de adhesión.

Os órganos competentes da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitado.

Artigo 31. Incumprimento das obrigas

No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei, a persoa beneficiaria ou entidade colaboradora, segundo o caso, comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 32. Modificación das resolucións de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 33. Reintegros

Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas o amparo desta orden e dos intereses de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia.

Para estes efectos, os intereses de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, as persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos título II e IV da Ley 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia.

Artigo 34. Contratación

1. Poderase concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións que integran o proxecto subvencionado e que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actuacións que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa ou entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

En todo caso o contratista ten que estar inscrito no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

2. A tramitación da contratación das obras, equipamentos ou servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido nos artigos 27 da Lei de subvencións de Galicia.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas con dita persoa, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A estes efectos consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o beneficiario deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación xustificativa da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

Artigo 35. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, as persoas beneficiarias e/ou entidades colaboradoras das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 36. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toa a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o exercicio das facultades para resolver sobre as solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras e a competencia para formalizar os convenios de colaboración coas entidades colaboradoras.

Disposición adicional segunda. Publicidade na Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira

Para todo o non previsto nesta orde observarase o disposto no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitacións para o desenvolvemento da orde

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Importe máximo dos investimentos subvencionables

Investimento

Importe máximo (euros)

Liña

Nº clave traballo

Eliminación da madeira afectada polo incendio forestal (apeo, tronzado, amoreado e estalado/retirada), por pé de árbore cun diámetro normal superior a 15 cm

40

I-S

S001

Tratamento de vexetación preexistente: ha de roza e trituración de restos

515,16

I-S

S002

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm

1,10

I-S

F5

Apertura mecanizada 60 cm x 60 cm con profundidade mínima de 60 cm

1,06

I-S

F18

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper

345,13

I-S

F10

Adquisición de planta: unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo X desta orde

15,00

I-S

F97

Unidade de protector de planta igual ou superior a 80 cm, incluso colocado

1,53

I-S

F41

Unidade de titor de castiñeiro para froito, incluso colocado

0,80

I-S

F87

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado sobre aburatamento

0,66

I-S

F17

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

333,91

I-S

F98

Fertilización: ha de fertilización (incluído fertilizante e man de obra)

227,71

I-S

F19

Unidade de achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación

10,00

I-S

F99

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes

363,46

I-S

F100

Km arranxo de peche (colocación de postes, malla, pasos do gando). Peche mediante poste de madeira tratada de 2 m de altura e 6-8 cm de diámetro cada 5 m e malla cinexética

7.580,00

II-S

M15

Km de arranxo de pistas (incluíndo pasos de auga)

2.956,07

II-S

M11

Reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña

30.000

III-S

S003

ANEXO X

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Eliminación da madeira afectada polo incendio

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a extracción ou o triturado dos restos que se obteñan coma consecuencia do tratamento

Roza

As rozas afectarán preferentemente ás especies heliófilas ou cuxo excesivo desenvolvemento poida comprometer á viabilidade do arboredo ou á biodiversidade das especies de subpiso do souto. Ademais, priorizarase a eliminación de eucalipto (Eucalyptus sp.), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e piñeiros (Pinus sp.)

A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm

Plantación

Os pés de castiñeiro que se planten poderán substituír a pés danados e/ou ben completar as densidades dos soutos ata un máximo de 100 pes/ha (marco de plantación 10 x 10 metros) e unha densidade mínima de 50 pes/ha (marco de plantación 14 x14 metros), sen que supoñan a ampliación dos perímetros dos soutos existentes.

Variedades de planta enxertada a empregar

Amarelante, de Parede, Famosa, Garrida, Longal, Luguesa, Negral, Ventura e Judía; como polinizadores: Negral, Picona e Rapada.

En cada superficie obxecto de actuación so se poderán empregar dúas destas variedades, incluídas as variedades polinizadoras.

Fertilización completa

Realizarase con fertilizantes CEE ou UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, con fin de evitar a contaminación dos acuíferos. Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastilla ou cápsulas resinadas.

Achega de recursos hídricos

Achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta cando o estado da planta o demande, e especificamente para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación, empregando medios que non supoñan a implantación de infraestruturas permanentes de rega.

Espedrado

O espedrado executado deberá permitir a recollida mecanizada do froito.

Peche

Peche perimetral que garantirá a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. Deberanse localizar dentro ou estremeiras do souto obxecto de recuperación

Pistas

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os dous sentidos

• Dotaranse as pistas ou camiños de, polo menos, 2 pasos de auga por quilómetro

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m

Reparación equipamentos inmobiliarios auxiliares

• Non se incrementará a superficie nin a altura do ben

• Preferentemente serán usados materiais tradicionais da zona

ANEXO XI

Instrución para a presentación dos xustificantes
de gasto das actuacións subvencionables

1. Os xustificantes de gasto consistirán, de acordo co establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nas facturas acreditativas dos investimentos. A expedición da factura e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación.

As facturas marcaranse cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, e reflectirase, neste último caso, a contía exacta que resulte.

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

Nos xustificantes de gastos deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

2. A xustificación do pagamento realizarase con algúns documentos que se relacionan a seguir:

a) Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa beneficiaria que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pago aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o antedito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

No caso de facturas en moeda estranxeira, deben achegarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

ANEXO XII

Instrucións de remisión da información en soporte dixital e vectorial

1. Conforme ao artigo 20.1.a.3), as solicitudes que sexan presentadas por entidades colaboradoras deberán achegar, entre outra documentación, a información vectorial en formato Shapefile e csv; na que terá que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. Co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar:

Formato Shapefile: a información subministrarase nos arquivos que compoñen o formato shapefile. Ademais é necesario o arquivo coa extensión «prj», coa información do sistema de referencia, que se comprobará para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (nos arquivos do shapefile) no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF da persoa solicitante, sen letra e o ano. Exemplo: 11150001_2023/ 99999999_2023.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos: 2023, ...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os subrecintos nos que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballo. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous,...

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea
de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas (ou do NIF se non hai nº de expediente). Exemplo: 11150001_2023 (co guión baixo)/33333333_2023.

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac. Exemplo: provincia A Coruña→15.

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtida da Sede electrónica do Catastro.

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o Sixpac, en maiúsculas (FO, PR, PA,...).

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres e ata 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 40 caracteres

Código segundo cadro adxunto.

Incluiranse todas as unidades de obra que se van facer no recinto. No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior.

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2,... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas).

Nos casos que non exista valor para o campo poñerase «0» ou «---», sempre que o admita.

Táboa de codificación do campo Act (unidades de obra):

Código

Categoría

Descrición unidade obra

Uds.

S001

Liña S-I

Eliminación da madeira afectada polo incendio forestal (apeo, tronzado, amoreado
e estalado/retirada), por pé de árbore cun diámetro normal superior a 15 cm

Número

S002

Liña S-I

Tratamento de vexetación preexistente: ha de roza e trituración de restos

Número

F5

Liña S-I

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm

Número

F18

Liña S-I

Apertura mecanizada 60 cm x 60 cm con profundidade mínima de 60 cm

Número

F10

Liña S-I

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper

Número

F97

Liña S-I

Adquisición de planta: unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo X desta orde

Número

F41

Liña S-I

Unidade de protector de planta igual ou superior a 80 cm, incluso colocado

Número

F87

Liña S-I

Unidade de titor de castiñeiro para froito, incluso colocado

Número

F17

Liña S-I

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado sobre aburatamento

Número

F98

Liña S-1

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

Número

F19

Liña S-1

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

Número

F99

Liña S-1

Unidade de achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación

Número

F100

Liña S-1

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes

Número

M15

Liña S-II

Km arranxo de peche (colocación de postes, malla, pasos do gando). Peche mediante poste de madeira tratada de 2 m de altura e 6-8 cm de diámetro cada 5 m e malla cinexética

Número

M11

Liña S-II

Km de arranxo de pistas (incluíndo pasos de auga)

Número

S003

Liña S-III

Reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña

Número

As infraestruturas lineais e bens (peche, pista e equipamentos inmobiliarios auxiliares) non ocupan rexistros propios, van na parcela correspondente, xunto coas unidades de superficie de actuación.

A continuación, xúntase exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod.

Sub_Cod.

Cod_exp.

Prov.

Conc.

Agreg.

Zona

Políg.

Parc.

Recin.

Sup_tot.

Uso

Sup_Act.

Act.

Mouteira

1

1

##150150_2023

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

0,29

??-??-??-??-??

1

1

2

##150150_2023

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

0,07

??

1

A información do campo «Sup_Act», resultante do cruce co Sixpac do ano 2023 que debe facer a persoa solicitante, deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act» deberán poñerse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie.

A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma) cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo) no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF da persoa solicitante e o nome (150001_2023.csv/77777777_2023.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cod.

Cod_Act.

Uds.

Coste/Ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

F100

0,29

474,76

137,68

1

F19

0,29

Na táboa «csv» anterior deberá aparecer na columna «uds» o seu valor correspondente en metros ou km, segundo o caso, da mesma maneira que outras unidades de obra coma a planta ou protector.

O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo IX da orde para cada unidade de obra. O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

As unidades superficiais, irán en hectáreas redondeadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo «shapefile» presentado (O campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

O resto de datos numéricos (importes) redondearanse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.) e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, que se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa de xestión informática das axudas forestais e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO XIII

Modelo de convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a entidade colaboradora ................................ para a xestión de subvencións e execución dos traballos das actuacións subvencionadas para a recuperación dos soutos danados polos incendios de xullo de 2022

Santiago de Compostela, ... de ... de 2023

REUNIDOS:

Dunha parte, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural segundo a disposición adicional primeira da Orde do ........... de ............... de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

Da outra parte .............................., con NIF ......................., actuando en nome e representación da entidade .................... con NIF/CIF ......................., debidamente facultado para subscribir este convenio.

Ambas as partes interveñen no nome e representación das súas respectivas institucións no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, e recoñécense mutua e reciprocamente capacidade para obrigarse mediante o presente convenio nos termos que nel se conteñen e, para o efecto,

EXPOÑEN:

I. Que a Orde do ........... de ..................de 2023 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e execución dos traballos das actuacións subvencionadas, e se convoca para a anualidade 2023 (en adiante, a Orde)

II. Que a Conselleria do Medio Rural acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para a xestión das axudas e realización dos traballos das actuacións subvencionadas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022.

III. A entidade ............... conforme á resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, de data do ........... de ........ de 2023 resultou seleccionada como entidade colaboradora para a xestión administrativa da axuda e execución dos traballos das actuacións subvencionadas segundo a Orde.

IV. Que ambas partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e execución das accións subvencionables aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira. Obxecto da colaboración

Constitúe o obxecto deste convenio establecer un marco de colaboración entre a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a entidade ................. para a xestión administrativa e execución dos traballos das actuacións subvencionables das que é beneficiario a persoa titular dos soutos danados nos incendios de xullo de 2022, derivados da aplicación da Orde.

A colaboración establécese para xestión e execución das actuacións das liñas de axudas das que é beneficiario o titular do souto:

a) Axuda para a corta, recollida e estelado ou retirada de pés de árbores danados polos incendios, roza do souto e a plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados (liña I-S).

b) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou nos cerramentos dos soutos (liña II-S).

c) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña (liña III-S).

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade ................ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 4 da Orde, e acredita o cumprimento dos requisitos e as condicións de solvencia económica e técnica previstas nas devanditas bases reguladoras.

Terceira. Prazo de duración

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e os seus efectos estenderanse ata o 31 de decembro de 2025, podendo prorrogarse de mutuo acordo das partes antes da finalización do seu prazo co límite establecido no artigo 16 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Cuarta. Obrigacións da entidade colaboradora

A entidade colaboradora, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do establecido na orde pola que se convoca axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022, obrígase ao seguinte:

– Realizar ante a Consellería do Medio Rural todos os trámites, regulados na Orde ou nas normas xerais de procedemento administrativo, necesarios para a tramitación administrativa da solicitude de axuda de recuperación de soutos danados polos incendios de xullo de 2022 en representación da persoa interesada. En particular, cubrir e presentar o formulario de solicitude de axuda xunto co documento de autorización da representación do interesado pola entidade colaboradora e a restante documentación complementaria indicado no articulado da Orde.

– Realizar os traballos de campo e obras necesarios para a execución das accións subvencionables das que é beneficiario o interesado, tanto da liña I-S como da liña II-S e/ou liña III-S. En todo caso se realizaran de acordo coas condicións normais de mercado e en ningún caso os costes de adquisicón dos gastos subvencionables poderán ser superiores o valor do mercado segundo o establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Presentar a notificación do remate dos traballos xunco coa documentación xustificativa dos traballos subvencionados regulado no articulado da orde.

– Desagregar na factura dos traballos realizados, os custos da actuación que son cubertos pola subvención e, de ser o caso, os que ten que ser costeados pola persoa beneficiaria.

– Exhibir na sede da empresa forestal e na súa web durante a vixencia do convenio información de que é unha entidade colaboradora para a xestión das axudas convocadas conforme a Orde.

– Comunicarlle á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir, en materia de protección de datos, co Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e coas demais disposicións vixentes sobre a materia.

– Someterse ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos fondos públicos poda efectuar o órgano concedente, así como as outras actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto estatais como comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, tal e como se establece no artigo 12.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Encontrarse ao día no pagamento das obrigacións coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

– Conservar a documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

– Coñecer o Plan específico de prevención de riscos e medidas antifraude da Consellería do Medio Rural aprobado o 1 de febreiro de 2022 e aplicar aquelas medidas antifraude que sexan eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ó órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

Quinta. Obrigacións da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

– Dispoñer na páxina web da Consellería de Medio Rural unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Proporcionar información e orientación sobre os requisitos establecidos na orde para a presentación da solicitude e restante documentación.

– Calquera outro que poda derivarse da aplicación da Orde.

Sexta. Xustificación e pagamento

A entidade colaboradora xustificará a execución das axudas concedidas ás persoas beneficiarias ante o Servizo de Montes das Xefaturas Territorial da Consellería do Medio Rural nas formas e prazos indicados na Orde.

Debe presentar a notificación de remate dos traballos acompañado da seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos coma na resolución de aprobación.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

• Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión.

• Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo IX.

c) A factura dos traballos realizados que deberá estar asinada pola entidade colaboradora e pola persoa beneficiaria da axuda e debe cumprir os requisitos indicados no anexo XI da Orde.

d) Para a xustificación da liña III-S o beneficiario ou entidade colaboradora deberá entregar os xustificantes de gastos no que apareza desagregado os custos unitarios de unidades de obra, os distintos materiais empregados e o seu prezo unitario axustados, en todo caso, os prezos de mercado.

e) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda.

O importe a pagar será o resultado da diferencia entre o indicado na resolución de concesión e as modificacións a baixa resultantes da certificación final in situ, de ser o caso. O pagamento realizarase directamente a entidade colaboradora adherida na conta indicada para este efecto na solicitude de adhesión.

Sétima. Resolución do convenio

Son causas de resolución deste convenio:

– O incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado da orden pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a recuperación dos soutos danados polos incendios de xullo de 2022 así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

– O transcurso do prazo de vixencia do convenio sen que se acordase a súa prórroga.

– O acordo unánime das partes asinantes.

– A decisión xudicial declaratoria da nulidade do convenio.

– Calquera outra causa distinta das anteriores prevista na lexislación vixente.

Oitava. Modificación e interpretación do convenio

1. O presente convenio poderá estar suxeito a modificación sempre que non se altere a finalidade e esencia deste. Para iso, crearase unha comisión de seguimento formada por dúas persoas representantes de cada parte asinante, cuxos acordos serán executivos.

2. As cuestións xurdidas acerca da interpretación, efectos e cumprimento do convenio que non alcancen acordo entre as partes serán resoltas, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa.

Novena. Natureza administrativa

O presente convenio ten natureza administrativa, quedando fóra do ámbito de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público; sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios da devandita lei para resolver as dúbidas ou lagoas que puidesen presentar.

Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo.

Décima. Réxime xurídico

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

En proba de conformidade cos termos do presente convenio, as partes asínano e rubrícano, no día e data da sinatura dixital.

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do ....... de .......... de 2023)
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Entidade colaboradora
Representante legal