Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo que figura como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2022,
do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Iniciar as negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 10, 11 e 46, e a disposición transitoria primeira da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.
Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
Isabel Rodríguez García |
Diego Calvo Pouso |