Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31770

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 696771.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias/os

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2023.

b) Premio Traxectoria 2023.

c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 13.000 € con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

– Premio Artesanía de Galicia 2023.

Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.

– Premio Traxectoria 2023.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

– Premio Bolsa Eloy Gesto 2023.

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 18 de setembro de 2023 e remata ás 14.30 horas do 29 de setembro de 2023.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo