Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32706

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 29 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

BDNS (Identif.): 682290.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude finalizará o día 15 de xuño. Non obstante, admitiranse solicitudes ata a data de finalización do prazo de modificación da solicitude única de acordo coas condicións establecidas no artigo 108.3 do Real decreto 1048/2022 e a disposición transitoria única do Real decreto lei 4/2023.

Segundo. Modificación da solicitude única (procedemento MR240D)

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 30 de xuño incluído.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural