Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Universidade de Vigo

ANUNCIO relativo á convocatoria pública para a provisión do posto de director/a xeral, mediante relación laboral de carácter especial de alta dirección.

Ao ficar vacante o posto de director/a xeral da Fundación Universidade Vigo (Fuvi), o presidente, no uso das atribucións que lle confiren os estatutos e da encomenda realizada polo Padroado na súa sesión do pasado 17 de abril de 2023,

DISPÓN:

Anunciar a cobertura do posto de traballo de director/a xeral da Fundación Universidade de Vigo, mediante relación laboral de carácter especial de alta dirección.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ao presidente do Padroado da fundación na forma e no lugar que determinan as bases da convocatoria.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web da Fuvi: https://fundacionuvigo.es

Vigo, 19 de maio de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Presidente do Padroado da Fundación Universidade de Vigo