Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32994

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se publica a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2023 por esta fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

11.1.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Banco Sabadell para a instalación da exposición Lugares e cousas. Colección de arte Banco Sabadell no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

26.1.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Instituto Cervantes para a exposición temporal Foi un home. Laxeiro en Buenos Aires, 1950-1970, na súa sede de París.

20.2.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Paideia para a realización da segunda edición do coworking Emprendemento de proxectos culturais e artísticos no rural.

14.3.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Castelao para o fomento da cultura galega.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia