Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables no concello de Santiso (expediente IN408A 2022/003-1).

Expediente: IN408A 2022/003-1.

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica Lumymey, S.L. (B15552060).

Denominación: ampliación da Central Hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos (separata V do proxecto construtivo: instalacións electromecánicas).

Termo municipal: Santiso.

Autores do proxecto: Cristina Villalobos López, enxeñeira de camiños, canles e portos (colexiada nº 29.855) e Juan Ramón Fernández y Jorge, enxeñeiro industrial (colexiado nº 462, do ICOII de Galicia).

Antecedentes:

Primeiro. Mediante Anuncio do 31 de marzo de 2022 (DOG núm. 74, do 19 de abril), a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático deu publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 30.3.2022, relativa ao proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, no río Furelos, nos termos municipais de Melide e Santiso, promovido por Hidroeléctrica Lumymey, S.L. (expediente 2019/0139).

Segundo. Mediante Anuncio do 17 de novembro de 2022 (DOG núm. 231, do 5 de decembro), a Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico deu publicidade á Resolución do 31 de outubro de 2022, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se aproba o proxecto construtivo de modificación dunha concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Furelos, denominada Central de Portodiz, concellos de Melide e Santiso, provincia da Coruña (expediente 5/244/2/3).

Obxecto do proxecto:

Recoller todas as modificacións para a ampliación do aproveitamento hidroeléctrico existente de Portodiz que se localiza na divisoria dos termos municipais de Melide e Santiso. As instalacións atópanse no termo municipal de Santiso.

Características técnicas:

Para o aproveitamento dun salto neto de 32,4 metros e un caudal concesional de 5,75 m³/s, proxéctanse as seguintes actuacións:

• Substitución das tres (3) turbinas tipo Francis de eixo horizontal existentes pola nova turbina tipo Crossflow de dúas cámaras e eixo horizontal, de características: velocidade nominal: 170 rpm. Sobrevelocidade: 391 rpm. Potencia: 1.600 kW.

• Acoplado no eixe da turbina, instalarase un xerador/alternador síncrono trifásico, de características: potencia en bornes: 1.600 kVA. Tensión nominal: 0,4 kV (entre fases)-0,23 kV (entre fase e neutro). Velocidade nominal: 1.000 rpm. Velocidade de empalamento: 2.298 rpm (<5 min). Frecuencia: 50 Hz / cos φ: 0,9.

• Multiplicador, para instalar entre a turbina e o alternador, de características: refrixeración por aceite. Velocidade de accionamento: 170 rpm. Velocidade de saída: 1.000 rpm. Relación de transmisión: i = 5,88.

• Para a elevación da tensión de xeración de 0,4 kV ata o nivel de tensión da rede de distribución de 15 kV, proxéctase a instalación dun centro de transformación integrado na propia central, composto por: transformador con refrixeración ONAN e grupo de conexión Dyn11, de 2.000 kVA de potencia e relación de transformación 0,4-0,23/15 kV. Tres (3) celas compartimentadas baixo envolvente metálica con illamento ao aire, de tensión nominal/servizo/illamento 20/15/24 kV, intensidade nominal 630 A e capacidade de corte 20 kA, coas funcións asinadas de cela de seccionamento de liña/trafo, cela de medida de liña e cela de protección liña/trafo. Cadros e equipos de protección e control. Cadro de servizos auxiliares. Equipo rectificador/cargador de baterías 24/48 Vcc.

• Liña trifásica a 15 kV sobre bandexa metálica aloxada en gabia revisable, de conexión da cela de protección de liña/trafo con transformador de potencia, de 10 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al).

• Liña trifásica a 15 kV sobre bandexa metálica aloxada en gabia revisable, de conexión da cela de seccionamento de liña coa rede exterior de distribución, de 11 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al).

• Instalacións de baixa tensión, equipos auxiliares e elementos de medida, protección e control.

• Rede de posta a terra.

• Emprazamento das instalacións: Central Hidroeléctrica de Portodiz, río Furelos. Termo municipal de Santiso (coordenadas UTM (fuso 29) X: 580.116,47/Y: 4.748.190,00).

• Orzamento de execución material (segundo proxecto): 642.301,45 €.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos (BOE núm. 140, do 10 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Isto faise público para coñecemento xeral e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre bens afectados que fosen omitidos.

Coa finalidade de poder consultar a documentación, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nas seguintes dependencias:

• Concello de Santiso.

• Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer nº 2-2º andar, 15071 A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña