Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33222

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se publican as resolucións do 19 de maio de 2023 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera dos fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2023/24 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia.

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

De conformidade co disposto no artigo 14, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais no caso da escola infantil de Vite e á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas, que se poderán consultar nos servizos centrais e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así mesmo, o seu artigo 15 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro das resolucións do 19 de maio de 2023, da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais e das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico admitidas/os e da lista de espera para o curso 2023/24 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia, que se xuntan a esta resolución nos anexos I, II, III, IV e V, respectivamente.

Segundo. Comunicar que as referidas resolucións do 19 de maio de 2023, que poñen fin a este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguintea ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas ás cales se lles adxudicou praza dispoñerán dun prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023

O director da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Anexo I

Resolución do 19 de maio de 2023, da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2023/2024 na escola infantil 0-3 de Vite,
dependente desta axencia

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

O día 5 de maio de 2023 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco (5) días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 14, correspóndelle á persoa titular da dirección da Axencia resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na páxina web https://www.xunta.gal/politica-social e na propia escola infantil de Vite.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivo a dita praza, é de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023. O director da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo); Jacobo Rey Sastre; director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Anexo II

Resolución do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2023/24 na escola infantil 0-3 Santa María de Oza e a escola infantil 0-3 Catabois, dependentes desta axencia na provincia da Coruña

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

O día 5 de maio de 2023 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco (5) días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 14, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a de unha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo con a normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivo a dita praza, é de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 19 de maio de 2023. O director da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 7 de marzo de 2023); María Blanco Aller; xefa territorial da Coruña; P.S. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño); María Sóñora Ferreirós; xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

Anexo III

Resolución do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2023/24 na escola infantil 0-3 Sagrado Corazón, dependente desta axencia na provincia de Lugo

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

O día 5 de maio de 2023 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco (5) días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 14, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e na escola infantil Sagrado Corazón.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivo a dita praza, é de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 19 de maio de 2023. O director da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 7 de marzo de 2023); Francisco Javier Vázquez Nodal; xefe territorial de Lugo

Anexo IV

Resolución do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2023/24 na escola infantil 0-3 Antela, dependente desta axencia na
provincia de Ourense

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

O día 5 de maio de 2023 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco (5) días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 14, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e na escola infantil Antela.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivo a dita praza, é de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 19 de maio de 2023. O director da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 7 de marzo de 2023); María José Fernández Laso; xefa territorial de Ourense

Anexo V

Resolución do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2023/24 na escola infantil 0-3 do Edificio Administrativo de Pontevedra, na escola infantil 0-3 A Estrela do Edificio Administrativo de Vigo e na escola infantil 0-3 da Cidade da Xustiza de Vigo, dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra

Con data do 16 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24.

O día 5 de maio de 2023 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco (5) días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 14, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivo a dita praza, é de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 19 de maio de 2023. O director da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 7 de marzo de 2023); María José Pérez-Izaquirre López; xefa territorial de Vigo